O presidente de Sogama, Luis Lamas, pronunciu onte á tarde unha charla sobre a reciclaxe de residuos no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá. Lamas falou da reciclaxe, da estructura de Sogama, e do custe que ten para os Concellos todo este proceso. En palabras da alcaldesa, Emma Álvarez, “a charla resultou moi ilustrativa e moi interesante”. Os máis de 70 asistentes recibiron unha bolsa con material divulgativo e publicitario.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



