O EQUIPO DE GOBERNO RETOMARÁ CON COSTAS O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO NA PRAIA DE O PORTELO PARA ALBERGAR, ENTRE OUTROS, OS SERVIZOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO. GONZÁLEZ BARCIA LEMBRA QUE AS PRIMEIRAS XESTIÓNS FIXÉRONSE NO SEU ANTERIOR MANDATO NO ANO 2005.
Burela, 30 de xaneiro de 2013. O equipo de goberno retomará coa Dirección General de Costas o proxecto de construcción dun edificio na praia de O Portelo para albergar servizos hixiénicos e de salvamento e socorrismo dese areal. O alcalde, José Mª González Barcia, lembrou que os trámites iniciáronse no seu anterior mandato no ano 2005 e que despois quedaron paralizados no 2008.
O rexedor dixo que “no 2005 iniciamos os contactos coa Dirección General de Costas para demandar dita infraestructura e fíxose un estudio do mesmo. Tres anos despois, no 2008, realizouse un proxecto construtivo que foi aprobado definitivamente, pero nada máis se soubo de todo este asunto”.
González Barcia sinalou que “a situación económica é a que é e non é nada fácil poder levar adiante a construción dese edificio, pero imos retomar o tema e a facer as xestións que consideremos oportunas. Imos ver ata onde podemos chegar”. O rexedor insistiu en que “o proxecto quedou parado co bipartito” e subliñou que “cando se puido facer, porque as cousas estaban mellor que agora, non se fixo e neste momento comezaremos de novo a preocuparnos e a mover este asunto”.
Mañá pleno
O pleno que se celebrará mañá en Burela someterá a aprobación a declaración do Concello de Burela como localidade solidaria co alzhéimer. A edil Diana Durán sinala que “se trata dun guiño a prol dos Servizos Sociais, que ven avalado polos programas que estamos a realizar e que temos en activo neste momento”. Ditos programas son: a ximnasia preventiva para maiores, a fisioterapia a domicilio (destinada a persoas dependentes), Dálle vida aos teus anos (no que se potencia estimulación cognitiva e prevención da dependencia e do alzhéimer), apoio á dependencia tanto no centro de día coma na axuda no fogar e a denominada aula sénior, que se vai poñer en marcha, “para a prevención do alzhéimer e que dará respostas segundo as necesidades dos usuarios a través de varios bloques temáticos: estimulación psicofísica, saúde e calidade de vida, habilidades sociais e autocoidado”, segundo explica a concelleira de Servizos Sociais. En total son 220 as persoas que se benefician destes programas, que supoñen un investimento de 60.000 euros.
Diana Durán lembrou que “en setembro de 2012 se realizou unha xuntanza coas familias de enfermos de alzhéimer e doutras patoloxías neurodexenerativas, que propiciou a creación da asociación AFAN Burela-A Mariña, que realiza tarefas de orientación e de tramitación de toda a documentación que poden precisar estas familias e estas persoas en calquera momento”.
Na sesión plenaria de mañá tamén se debaterá unha proposta do equipo de goberno sobre as preferentes, así coma as mocións que os partidos da oposición presentaron sobre este asunto. O alcalde, José Mª González Barcia, considera que “si PP e PSOE acadaron un acordo a nivel nacional, non sería descabellado que ese acordo se trasladase ao Concello de Burela”. O rexedor considera que “sería aconsellable por unha cuestión de coherencia política”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



