ESTÚA REPLICA AO PP LLE SOBRAN COÑECEMENTOS PARA ENTENDER OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE CERVO ONDE O PRIMEIRO SON OS SALARIOS E INDEMNIZACIÓNS DO GRUPO DE GOBERNO E DESPOIS VEÑEN AS NECESIDADES DA CIDADANÍA
O 15,3% DE REDUCIÓN NO GASTO DO GOBERNO PARA 2013 EN RELACIÓN A 2012 NON É REAL XA QUE NO ORZAMENTO 2012 ESTABAN CONSIGNADOS GASTOS CORRESPONDENTES AO EXERCICIO 2011 QUE NON SE PAGARON NO PROPIO EXERCICIO.
OS NACIONALISTAS INSISTEN EN QUE, RECOÑECEMENTOS EXTRAXUDICIAIS APARTE, O ORZAMENTO DE GASTO DO GRUPO DE GOBERNO PARA 2013 MEDRA EN RELACIÓN A 2012 EN MAIS DE 7.000 EUROS, GABINETE DE PRENSA APARTE.
Cervo, 3 de xaneiro de 2013. Dende o BNG de Cervo replicaron ao grupo de goberno de Cervo que lles sobran coñecementos e experiencia para entender os orzamentos municipais do PP de Cervo onde primeiro van os salarios e indemnizacións do grupo de goberno e despois as necesidades da xente. Os nacionalistas explicaron que no orzamento 2012 recollíanse entre os gastos do grupo de goberno para ese exercicio, partidas económicas por importe de 28.656 euros correspondentes a recoñecementos extraxudicais de gastos do exercicio anterior que non foron pagadas cando correspondía. Os nacionalistas replican que PP que ademais de gastar mais do que consignan os salarios, indemnizacións e outros gastos do grupo de goberno medran en relación a 2012 e insistir en pedir reducións porque xa está ben de usar as arcas do concello para amañar a vida de determinados concelleiros do PP.
A redución do gasto do grupo de goberno é da que fala o alcalde é o conto da leiteira xa que ademais de falsa descubre que gastan por riba do que consignan.
O BNG replicou ao alcalde de Cervo que o orzamentos de gastos para salarios, indemnizacións e outros pagos do grupo de goberno medra para 2013 non só en relación ao de 2012, tamén ao de 2011. Os nacionalistas atribúen a falsa redución do 15,3% á que alude o alcalde en relación a 2012 á conta da leiteira xa que en boa parte correspóndese con recoñecementos extraxudiciais recollidas nese exercicio que non foron abonadas no ano anterior e por tanto inflaron o orzamento 2012 polo que acusaron ao goberno municipal de falsear a realidade e gastar incluso por riba do que se consigna.
O PP de Cervo utiliza as arcas públicas para amañar a vida de determinados concelleiros
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, denunciou que o PP de Cervo usa as arcas municipais para amañar a vida de determinados concelleiros do grupo de goberno e de poñer por diante as indemnizacións aos membros do goberno das necesidades da xente. Neste sentido é significativo que o único que medra no orzamento de Cervo para 2013 en relacións aos anteriores son as indemnizacións ao grupo gobernante pasando, recoñecementos extraxudiciais aparte dos 113.837 euros de 2012 a 121.463 de 2013 sen contar o gasto indeterminado dun gabinete de prensa ao servizo dos seis concelleiros que cobran polo seu cargo nun concello como Cervo de pouco mais de 4.700 habitantes.
As consignacións reais últimos tres orzamentos para gastos do grupo de goberno aprobados en solitario polo PP para Cervo reflectían os seguintes datos: en 2011 consignáronse para salarios, dietas e outras indemnizacións 117.526,15€ e incluían 10.686,7 como recoñecementos extraxudiciais do exercicio 2010. En 2012 143.123,94 incluíndo 28.656,51 como recoñecementos extraxudiciais do exercicio 2011. Para 2013 consígnanse 121.463 euros sen ningún recoñecemento extraxudicial. As contas son claras, recoñecementos extraxudiciais aparte(que en todo caso dan conta dun exceso de gasto no exercicio natural) hai un medre do gasto asignado aos salarios e indemnizacións do grupo de goberno que un concello como Cervo non se pode permitir.