O BNG PRESENTA EMENDAS AOS ORZAMENTOS DO CONCELLO PARA 2013 ONDE RECLAMA UN RECORTE NO GASTO DO GRUPO DE GOBERNO E EN PROPAGANDA PARA DEDICALO A POLÍTICAS SOCIAIS E DE APOIO AO PEQUENO COMERCIO.
Estúa reproba que o goberno local multiplicase por tres as sesións da Xunta de Goberno local dende que estas teñen remuneración económica para dúas persoas do goberno local.
Os nacionalistas piden rebaixar o gasto en salarios e outros gastos do grupo de goberno nun 24% así como a redución de gastos en propaganda e protocolo para reorientar o gasto de mais de 47.000 euros en 2013.
Cervo, 10 de xaneiro de 2013. O BNG de Cervo presentou unha reclamación aos orzamentos municipais para 2013 na que reclama reducións nos salarios, indemnizacións e gastos de propaganda do grupo de goberno así como noutras partidas prescindíbeis para dedicalos a políticas sociais e de apoio ao pequeno comercio. Segundo o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa García, o aforro suma mais de 47.000 euros que se propoñen dedicar a rebaixar as taxas municipais do Punto de Atención Infantil, Escolas Deportivas, mellora do servizo de Axuda no Fogar coa contratación de mais persoal, mantemento do Servizo de Tele Asistencia, incrementar a partida en emerxencia social e apoiar ao pequeno comercio e hostalería local.
O gasto do grupo de goberno baixaría de 116.000 a 91.000 euros anuais que se consideran suficientes nun concello como Cervo.
O BNG cuantificou a rebaixa nos gastos do grupo de goberno en 24.000 euros incluíndo baixadas nos salarios das catro dedicacións, gastos por asistencias a Xuntas de Goberno e outras indemnizacións así como gastos en propaganda. Para os nacionalistas o goberno municipal de Cervo “cobra e gasta por riba das posibilidades orzamentarias do concello” ao tempo que lle fai pagar á cidadanía pola vía da suba indiscriminada de taxas e impostos municipais uns servizos que non melloran.
Estúa denunciou que as sesións das Xuntas de Goberno multiplicáronse por tres dende que hai dúas persoas do goberno local que cobran 150 euros cada unha por sesión e pon os datos: “nos primeiros sete meses de 2011 houbo seis reunións deste organismo, a partir desa data unha vez tomada a decisión de cobrar por asistencia nos cinco meses restantes de 2011 realizáronse 20 sesións e 41 en 2012 cun desembolso económico que se achega aos 20.000 euros.” Para o nacionalista “non existe xustificación que non sexa a económica para multiplicar así estas sesións”.
O orzamento municipal debe estar ao servizo da xente e non do grupo de goberno
Os nacionalistas reclaman que os 47.700 euros de aforro sexan destinados a mellorar o Servizo de Axuda no Fogar coa contratación de mais persoal, redución da taxa Do Punto de Atención Infantil e Escolas Deportivas, garantir o mantemento do Servizo de Tele Asistencia domiciliaria, unha partida económica para apoio ao pequeno comercio e hostalería e multiplicar por dous a partida para emerxencia social para o pago de recibos, alimentos, etc. Segundo afirmou o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, “o que lle pedimos ao Grupo de Goberno é que faga o mesmo esforzo que o seu partido lle está reclamando á cidadanía”, non pode ser, insistiu “que o único que suba no orzamento 2013 sexan as taxas e as remuneracións e os gastos do grupo de goberno” .


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



