ATRACTIVOS ABONOS DE MEDIA TEMPADA
Co comezo da segunda volta tanto na Primeira División LNFS coma na RFEF, o CD Burela FS Pescados Rubén ofrece a posibilidade de adquirir abonos de media tempada, que estarán dispoñibles dende hoxe mesmo. Con atractivos prezos, a entidade laranxa dá continuidade á campaña Deixa que o espírito laranxa entre en ti!, presentada antes da estrea da histórica tempada do club mariñán.
Nas tarifas convencionais, de idade adulta, o Abono Simple poderá retirarse por 40 euros e o Abono Dúo por 70 euros; este último ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa o Abono 25, destinado a persoas entre os 19 e os 25 anos, custará tan só 20 euros; o Abono 18, de 14 a 18 anos, 10 euros, e o Abono de Xubilado 30 euros para presenciar os encontros sénior ata final de tempada.
Na páxina web (www.burelafs.org) do CD Burela FS, teñen á súa disposición o formulario de socios/as 2012-13, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio; ás tarifas aplicaráselles o desconto de media tempada. Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.
Don Chuletón. Os socios/as laranxas 2012-13 poderán acceder a consumicións gratuítas na Parrillada Don Chuletón de Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 154), presentando tan só o carné de abonado. www.hotelpalaciodecristal.es e www.cetareaburela.com.
Entradas. Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-18 anos) euros para presenciar os encontros de liga na Primeira Masculina e 5 euros (tan só aldultos/as) na Primeira Feminina.
PREZO DE MEDIA TEMPADA 12-13
Abono 18 (de 14 a 18 anos): 10 euros
Abono 25 (de 19 a 25 anos): 20 euros
Abono Simple (adult@): 40 euros
Abono Dúo (adult@): 70 euros
Abono Xubilado: 30 euros
De 0 a 13 anos: Gratuíto
ATRACTIVOS ABONOS DE MEDIA TEMPORADA
Con el comienzo de la segunda vuelta tanto en Primera División LNFS como en RFEF, el CD Burela FS Pescados Rubén ofrece la posibilidad de adquirir abonos de media temporada, que estarán disponibles desde hoy mismo. Con atractivos precios, la entidad naranja da continuidad a la campaña ¡Deja que el espíritu naranja entre en ti!, presentada antes del estreno de la histórica temporada del club mariñano.
En las tarifas convencionales, de edad adulta, el Abono Simple podrá retirarse por 40 euros y el Abono Dúo por 70 euros; este último ofrece la posibilidad de acceder al pack descuento de 2 carnés, sin existir vínculos familiares entre los socios/as. Dentro de las tarifas especiales, el club naranja el Abono 25, destinado la personas entre 19 y 25 años, costará tan sólo 20 euros; el Abono 18, de 14 a 18 años, 10 euros, y el Abono de Jubilado 30 euros para presenciar los encuentros sénior hasta final de temporada.
En la página web (www.burelafs.org) del CD Burela FS, tienen a su disposición el formulario de socios/as 2012-13, que pueden cubrir y enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sin salir de su domicilio; a las tarifas se les aplicará el descuento de media temporada. Para más información, pueden acudir a la sede naranja (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresuelo, Burela) o llamar al número de teléfono 982 58 18 15.
Don Chuletón. Los socios/as naranjas 2012-13 podrán acceder a consumiciones gratuitas en la Parrillada Don Chuletón de Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 154), presentando tan sólo el carné de abonado. www.hotelpalaciodecristal.es y www.cetareaburela.com.
Entradas. Los precios de las entradas para los no socios serán de 10 (adulto/a) y 3 (juvenil, 14-18 años) euros para presenciar los encuentros de liga en Primera Masculina y 5 euros (tan sólo aldultos/as) en Primera Femenina.
PRECIO DE MEDIA TEMPORADA 12-13
Abono 18 (de 14 a 18 años): 10 euros
Abono 25 (de 19 a 25 años): 20 euros
Abono Simple (adult@): 40 euros
Abono Dúo (adult@): 70 euros
Abono Jubilado: 30 euros
De 0 a 13 años: Gratuito



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
