Igualdade organiza un curso de palillar infantil e xuvenil para fomentar esta tradición entre a mocidade
-No curso para adultos están inscritas 13 persoas que comezarán a elaborar encaixes o vindeiro venres
Cervo, 28 de xaneiro de 2013-A Concellería de Igualdade informa de que vén de abrir o prazo para inscribirse ao curso de palillar infantil e xuvenil que organiza co obxectivo de potenciar esta práctica entre os máis novos. O prazo permanece aberto dende hoxe luns ata o vindeiro venres e para participar é necesario apuntarse na Casa da Cultura.
Este curso de palillar infantil e xuvenil é un complemento máis ao X Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril e que vai na mesma liña que o curso de palillar para adultos convocado hai unhas semanas e que xa pechou o prazo. No caso da actividade para adultos son 13 as persoas, todas elas mulleres, que están inscritas e que aprenderán ou mellorarán a súa técnica a partir deste venres, cando comecen as clases na Casa da Cultura de San Cibrao. Modesta Lombardero será a encargada de guiar ás alumnas na elaboración dos encaixes.
O departamento de Igualdade pon en marcha por primeira vez este curso dirixido ao público infantil e xuvenil para achegar aos nenos e nenas a unha práctica á que na actualidade se dedican na súa meirande parte mulleres adultas. “Sería moi interesante que as novas xeracións tamén aprenderan a manexar os palillos e comezaran a interesarse por esta tradición” explica a edil Pilar Armada “de forma que cada vez sexan máis as persoas de todas as idades e tanto homes como mulleres os que fagan encaixe co obxectivo de que se estenda e se xeneralice como unha actividade para todos os públicos”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



