O ENTROIDO E AS FESTAS PATRONAIS CENTRARÁN AS XUNTANZAS QUE SE CELEBRARÁN MAÑÁ POLA TARDE NO CONCELLO DE BURELA.
Burela, 8 de xaneiro de 2013. No Concello terá lugar mañá un encontro para preparar o entroido de 2013. Será a partires das 20:00 horas e ao mesmo asistirán representantes das diferentes asociacións culturais e veciñais de Burela.
A edil de Cultura, Mónica Pedre, sinalou que “a nosa intención é contar con todo o mundo de cara a elaborar un programa acorde co entroido que Burela e a súa xente se merecen”. Na xuntanza participarán membros do equipo de goberno e representantes das asociacións culturais e veciñais burelesas.
Tamén mañá mércores, 9 de xaneiro, ás 19 horas a comisión de festas de Burela, da que forma parte Mónica Pedre, como edil de Cultura, manterá unha reunión coa comisión que elabora as alfombras florais durante as patronais do Carme que se celebran no mes de xuño. Pedre dixo que “queremos ir facendo as cousas con tempo dabondo e queremos animar á xente a que participe en manter unha tradición de moitos anos aquí en Burela, que é a elaboración das alfombras florais”. A esta reunión tamén acudirá o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor e outros membros do equipo de goberno xa mantiveron onte luns unha xuntanza con representantes da comisión de festas “para perfilar a colaboración entre o Concello e a propia comisión”.