O pasado domingo, día 27, ás 18 horas, o grupo de teatro xuvenil “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro representou en Barreiros a súa obra “Asasinato na tenda de roupa”. Trátase do grupo máis novo deste colectivo teatral, formado por rapaces da ESO, entre 12 e 16 anos. A Maseira conta tamén con outro grupo de rapaces maiores, de Bacharelato e Universidade. Máis de cen persoas desfrutaron onte, domingo, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros desa representación teatral. Os organizadores: Concello, A Maseira e a Dirección Xeral de Xuventude agradecen a asistencia e grande acollida que tivo esta obra.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



