O Grupo Municipal socialista de Burela presentará dúas mocións para debater no próximo pleno ordinario.
A primeira é relacionada coa sanidade pública e instase ó presidente da Xunta a:
1.- Licitar e adxudicar de inmediato os equipamentos necesarios de Radioterapia, Hemodinámica e medicina Nuclear no HULA para que estes servizos, tan necesarios para a saúde dos lucenses, entren en funcionamento o antes posible
2.- Anular a rebaixa de 2.01 millóns de euros no Hospital da Costa
3.- Concretar prazos, proxectos, presupostos e partidas para a necesaria e anunciada ampliación do Hospital en Burela.
4.- Garantir a soberanía funcional do Hospital da Costa mantendo a Área Sanitaria da Mariña
A segunda moción refírese a Axenda 21 e solicítase que o alcalde do Concello cumpra o compromiso de convocar os membros da Axenda 21 Local tal e como se comprometeu, no xa lonxe, xullo de 2011.
Tamén presentamos unha moción conxunta co BNG para apoiar aos afectados polas preferentes.