A Asociación Pasada das Cabras de Burela empeza as rutas do ano 2013 o vindeiro domingo día 13 de xaneiro coa ruta dos Muíños en Abadín, de 6 quilómetros e dificultade baixa. O prezo será de 20 € para os socios e 25 para os que non o son e inclúe a comida e o autobús. A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela coma sempre. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres día 11 de Xaneiro ás 13,00 horas.
Ruta dos Muíños en Abadín
Ruta dos Muíños en Abadín
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia