A Deputación insta á Xunta a contestar ás 4 peticións para que financie en Lugo servizos sociais e emprego como nas outras provincias.
A Deputación insta á Xunta a respostar ás 4 peticións que lle fixo para que financie en Lugo os servizos sociais e as políticas activas de emprego, tal e como fai nas restantes provinciais galegas con máis de 13 millóns de euros. O organismo lugués reclama unha vez máis ó Goberno galego asinar o convenio de colaboración nesta materia para unha maior eficiencia na xestión de recursos, que redunde no beneficio de todos os lucenses, como finalidade última e principal de todas as administracións públicas.
Tal e como se pode corroborar na documentación oficial remitida, a Deputación de Lugo leva 7 mes reclamando á Xunta de Galicia que desbloquee este asunto na provincia para nos discriminar os lucenses. A cronoloxía dos feitos non deixa lugar a dúbidas:
– No mes de xullo, a institución luguesa remitiu á Xunta varios informes xurídico con alegacións ó borrador do convenio de urxente solución para continuar coa tramitación deste texto, apuntaban os técnicos. O Goberno galego nunca respostou á Deputación de Lugo. Sen embargo, tal e como se puido constatar esta mesma semana, a Xunta tivo en conta as apreciacións do organismo lugués á hora de asinar os convenios coas restantes Deputacións, dando a razón, deste xeito, á institución luguesa.
– O 28 de agosto, Gómez Besteiro remitiu unha carta a Núñez Feijóo, solicitándolle resposta ós informes enviados, así como coñecer a situación administrativa na que se atopaba a Xunta, tendo en conta o adianto dos comicios electorais, co único fin de “desbloquear a situación”.
– Ante a ausencia de resposta, o 14 de decembro, o Presidente provincial enviou unha segunda carta ó seu homólogo galego, remarcando que “pasaron xa seis meses dende que as Deputacións asinamos un protocolo de colaboración coa Xunta e non se produciu resultado concreto como consecuencia do mesmo. Con todo, e porque a nosa máxima é buscar unha maior eficiencia e eficacia da xestión pública para obter, como finalidade última e principal, o beneficio da cidadanía, quero propoñerche que fixemos unha nova reunión que permita avanzar neste tema de gran interese, non só para a Deputación, senón tamén para a Comunidade Autónoma”. Neste escrito, Gómez Besteiro convidaba a Núñez Feijóo, así como ós Presidentes das Deputación de Coruña, Pontevedra e Ourense, a manter un encontro conxunto en Lugo, aproveitando a anunciada visita dos populares á cidade luguesa.
– De novo sen contestación, e tras coñecer que o Goberno galego tampouco vai a dotar á Lugo de servizos de Hemodinámica ás 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear, o 11 de xaneiro, o titular provincial púxose en contacto de novo co mandatario autonómico, reiterándolle a súa petición dunha urxente reunión na que poder analizar, conxuntamente, a situación na que se atopa os servizos públicos e sanitarios para o benestar dos lucenses. Tampouco nesta ocasión, a Deputación tivo resposta.
– A última petición tivo lugar aínda a semana pasada, cando o xefe do Gabinete de Presidencia da Deputación se puxo en contacto telefonicamente co xefe do gabinete de Núñez Feijóo para reiterarlle a necesidade dun encontro entre ambos os dous Presidentes para abordar os asuntos que a Xunta mantén bloqueados na provincia. Na actualidade, a institución luguesa segue sen resposta. De feito, Gómez Besteiro leva reclamando un encontro con Núñez Feijóo no que trata asuntos estratéxicos para a provincia dende que é Presidente da Xunta, é dicir, dende o 2009, chegándolle a enviar máis dunha decena de cartas.
Discrimando ós lucenses
A Deputación non cesa nas súas reclamacións xa que prioriza os intereses dos lucenses fronte ás confrontacións partidistas co obxectivo de garantir o benestar dos cidadáns da provincia. Por este motivo, o organismo provincial insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia asine coa institución luguesa o convenio de servizos sociais e políticas activas de emprego. Isto permitiría que non só a Deputación financia estas prestacións en Lugo, senón que tamén colaborase o Goberno galego, ó igual que tamén o fai na Coruña, Pontevedra e Ourense, redobrando esforzos en beneficios dos veciños. O organismo lugués entende que, de non asinarse este texto, a Xunta estaría discriminando ós lucenses, establecendo cidadáns de primeira e segunda clase, tal e como supón o feito de que Lugo non conte con Hemodinámica as 24 horas, Medicina Nuclear, Radioterapia e Cirurxía Pediátrica.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



