Ribadeo (Lugo), 28 de febreiro de 2013.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, resaltou esta tarde o papel do Centro Comercial Aberto de Ribadeo – ACISA como dinamizador do comercio do municipio lucense. A asociación é a protagonista esta semana da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, coa que a Consellería de Economía e Industria pon en valor o traballo desenvolvido polos 52 centros comerciais abertos (CCAs) existentes en Galicia, dedicándolles unha semana do ano a cada un deles.
Vázquez Abeal puxo de relevo o traballo que ACISA realiza non só a prol do comercio e dos seus preto de 200 asociados senón da revitalización da súa zona de influencia. Neste sentido, a directora subliñou a importancia dos centros comerciais abertos na dinamización das vilas e cidades, e recordou que a Consellería vén de resolver apoios por dous millóns de euros para asociacións de comerciantes dos que resultaron beneficiarios os 52 CCA galegos e 24 agrupacións de mercados.
No tocante ao traballo do Centro Comercial Aberto, Vázquez Abeal resaltou o seu programa de feiras de stocks e noites abertas, así como a organización de xornadas gastronómicas e outras citas que permiten ao sector comercial traballar de xeito conxunto coa hostalería.
A directora, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, fixo entrega dun diploma de recoñecemento á traxectoria da xoiería Carreira, resaltando o desempeño deste comercio no desenvolvemento comercial da vila durante décadas.
Neste sentido, remarcou que un dos obxectivos da Consellería de Economía e Industria coa campaña “A semana do teu comercio” é realzar o bo facer dos negocios locais que souberon adaptarse aos tempos acadando a pervivencia do negocio a través da calidade e proximidade ao cliente. Vázquez Abeal salientou a aposta da xoiería Carreira, unha empresa de carácter familiar, que está próxima a cumprir 81 anos na vila sabendo diversificar o seu negocio.
Pola súa banda, Raquel Arias apelou á necesaria colaboración entre administracións e tamén entre estas e as empresas para dinamizar o tecido socioeconómico. No caso de Ribadeo, indicou que, nun pobo que ten o comercio e o turismo como uns dos principais motores económicos, son fundamentais as infraestruturas e os servizos.
Por iso, salientou, a Xunta vén apoiando de forma decidida os investimentos neste municipio, destacando a posta en servizo da EDAR, as melloras no peirao de Mirasol ou a Área de Rehabilitación Integral de Rinlo.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



