XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA (TEMPORADA 2012/2013)
INCIDENCIA DA 14ª TIRADA (CENTRO SOCIAL O CRUCEIRO – Sábado, 2 febreiro 2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Día moi frío e con periódicos chaparróns de auganeve. Excelente participación con 39 inscritos.
Liga Senior Masculina.- Aprétase a clasificación nesta categoría. Agás José Rafael González, tódolos favoritos lograron puntuar. Xa comeza a ser preocupante o de Rafa, que nas últimas 3 tiradas só conseguiu 4 puntos, o que a pasada semana lle costou o liderato e esta o segundo posto; nestes intres comparte a terceira posición, con 95 puntos, con Arturo Vigo. Sócrates Campo conseguiu auparse á segunda posición grazas á súa victoria; no seu caso, con 27 puntos conseguidos nas tres últimas tiradas, dos 100 puntos totais que acada na temporada. Sigue líder, aínda que cunha mínima vantaxe de 4 puntos sobre Sócrates e 9 sobre Arturo e Rafa, Carlos Javier Rodríguez con 104 puntos; no caso de Carlos Javier, son 24 puntos os conseguidos nestas tres últimas tiradas.
Polo tanto, a falla das tiradas de A Vara, Vilachá, Morás e Sumoas, a cousa non pode estar máis reñida na categoría grande dos bolos. As alternancias no liderato ao longo da temporada -xa que agás Sócrates, os outros tres favoritos en algún momento tiveron o liderato- fan que neste intre non poidamos nomear un favorito claro. A cuestión vai ser seguramente quen dos 4 se descolga da loita final. Apaixoado, polo tanto, vai ser este final de Liga.
Liga Senior Feminina.- A lideresa Carmen Roca aumenta a súa diferenza a 19 puntos, prácticamente insalvables para súa perseguidora Belén Meitín; ésta deberá estar máis preoucapada polas súas perseguidoras Concepción Piñeiro (a 8 puntos de Belén) e por Dolores Meitín (a 12 puntos de Belén).
Liga Sub 16.- Tamén nesta categoría parécenos que a victoria final tena moi asegurada Daniel López, que lle saca 17 puntos á actual campiona Salomé Cardoso. Salomé, o mesmo ca pasada semana, conseguiu manter a distancia co seu inmediato perseguidor, que non é outro que seu irmán Iaias.
A vindeira tirada, e DECIMOQUINTA DO CAMPIONATO, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA vindeiro SÁBADO 16 DE FEBREIRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde). Recordar que este vindeiro sábado (sábado 9 de febreiro) non hai xornada de bolos debido a CELEBRACIÓN DO ANTROIDO.
|
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO ( 2 FEBREIRO 2013) INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 12 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME |
TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
278 |
12 |
| SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ |
275 |
10 |
| TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
264 |
8 |
| CUARTO | JOSE VIGO LAGE |
264 |
7 |
| QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ |
252 |
6 |
| SEXTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
236 |
5 |
| SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
232 |
4 |
| OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
225 |
3 |
| NOVENO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO |
211 |
2 |
| DÉCIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS |
202 |
1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE |
91 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
88 |
6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
87 |
4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
66 |
3 |
| CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO |
57 |
2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO |
36 |
1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
51 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
60 |
6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL |
52 |
4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
45 |
3 |
| CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA |
39 |
2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
39 |
1 |
| MELLOR BOLADA | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ |
30 |
1 |






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
