A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de facer público o documento de inicio do Plan Sectorial da Rede Viaria de Lugo e a súa influencia para a recollida de achegas por parte da sociedade.
ADEGA vén de dirixirse a consellería para destacar a necesidade dunha avaliación ambiental estratéxica do planeamento e a avaliación da alternativa cero deste documento, tal e como se contempla na Lei 9/2006 de avaliación de planeamentos. Por outra banda, sinala a innecesaria construción dunha das vías máis impactantes ambiental e socialmente que se programan neste Plano, a Ronda Oexte exterior, así como a extensión da Ronda Leste.
ADEGA considera que a Ronda Exterior Oeste e os seus enlaces, dende O Ceao até a autovía de S antiago – Lugo, cruzando pola beira oeste do Río Miño, é unha infraestrutura carente de sentido ante a existencia da A-6. A distancia que percorre e o tempo de percorrido desta nova variante é semellante á distancia e ao tempo utilizado no tramo que se percorre pola A-6 máis a distancia ao enlace coa nova autovía. Ademais, a A-6 xa ten capacidade suficiente para asimilar, non só o tránsito de Lugo capital, senón tamén o da parte do Norte de Galiza.
Por outro lado aínda segue en funcionamento a estrada vella de Santiago que, se así se dispuxese, podería ser mellorada para o acceso á cidade. Pero é que ademais preténdese levar a cabo o desdobramento da N-VI o que suporá un novo aumento da capacidade de tránsito desta vía de comunicación. Polo que, do mesmo xeito, tamén carece de sentido a prolongación da LU- 234 do Ceao cara esta circunvalación.
A afectación ambiental da Ronda Oeste é enorme e inxustificada ao invadir toda a zona rural da marxe dereita do río Miño nas proximidades da cidade (segundo o PEPRIM, o plano estratéxico da cidade e o propio PXOM indícase que as autovías son os entes máis agresivos co entorno rural e natural) e ao ocupar zonas de protección de todo tipo nas que se inclúe a do río Miño. Así mesmo, na actualización da AXENDA 21 local do concello de Lugo, onde se especifican cales son os criterios para a conservación do entorno e da calidade de vida das persoas, non aparece ningunha mención asociada á esta nova autovía.
O Plano Sectorial da rede viaria de Lugo tamén propón a conexión da Ponte Nova sobre o río Miño coa A-54, a cal iría conectada a súa vez coa Rolda ou autovía Oeste da que falamos. Unha infraestrutura que novamente non obedece a ningún criterio realista para a súa construción e que obvia a existencia da estrada vella de Santiago (á que se lle exclúe calquera funcionalidade) e que entra pola Avenida das Américas ao mesmo centro de Lugo.
Outro caso paradigmático é a previsión da construción da continuación da Rolda Leste LU-021 para dar servizo ao HULA. Preténdese unha vez máis crear unha infraestrutura que non aporta nada novo á cidade e que discorre paralela á A6, autoestrada que xa utilizan os usuarios da provincia para chegar ao HULA. Sen embargo o impacto no espazo natural do entorno do río Rato é enorme, afectando ás derradeiras masas boscosas nas proximidades da cidade, eliminando definitivamente o chamado Cinto Verde do que Lugo quixera dispoñer, segundo se reflicte na actualización da Axenda 21 local.
Faise necesario un estudo das necesidade reais de comunicación viaria da cidade de Lugo e do seu entorno rural para axeitalas a un Plan Sectorial realista, austero, favorecedor dun medio rural vivo, respectuoso co entorno, e que non supoña unha ferramenta para outros intereses que, como os urbanísticos, levaron á sociedade actual a un punto crítico de inxustiza e crise social.
As estradas e autovías están a servir como punta de lanza para que promotores e construtores da man das institucións se lancen á conquista de novos mercados sen ter en conta (como ten amosado esta crise económica, social e mesmo ética ademais de ambiental e como veu denunciando ADEGA dende hai anos) ningún outro tipo de criterio que non sexa o do beneficio económico inmediato empresarial.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



