Burela, 27 de febreiro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, José Manuel Balseiro asegurou que a súa formación política só apoiará o mantemento e mellora de servizos sanitarios no Hospital da Costa e que se potencie a capacidade de atención asistencial dos doentes da comarca.
O dirixente popular lembrou ademais que sigue plenamente vixente o compromiso refrendado polo Presidente da Xunta para a ampliación do centro hospitalario mariñá nesta lexislatura e polo tanto todos estes proxectos son incompatibles cos falsos argumentos que empregan desde a oposición.
“Queremos deixar moi claro que o PP e o Goberno da Xunta non permitirá ningún tipo de perda de servizos sanitarios no Hospital, nin peche de especialidades, nin redución de consultas, … etc. É absolutamente falso que vaia a deteriorarse a calidade asistencial e a capacidade de resolución deste centro hospitalario. Máis ao contrario, só traballaremos, como temos feito ao longo da pasada lexislatura, por mellorar e ampliar servizos no ámbito da saúde”-dixo Balseiro
O DISCURSO DO MEDO
O número dous do PPdeLugo rexeitou o falso alarmismo que está xerando a oposición entre a cidadanía desta comarca e lembrou que levan tres anos co mesmo discurso, que cualificou como “discurso do medo”, incluso enganando sobre un falso peche do hospital. “Somos os primeiros interesados en defender o noso hospital, e que todo aquilo que poda resolverse aquí non teña que ir a outros centros”-dixo Balseiro
EN FERROL
O dirixente popular insiste en que este tipo de alarmas só buscan danar ao Partido Popular por intereses puramente partidistas e lembra que PSOE e BNG que hoxe din defender a área sanitaria da Mariña cando tiñan responsabilidade de Goberno no bipartito querían integrala en Ferrol. Feito que ademais está demostrado en documentos públicos e oficiais que no seu momento puidemos coñecer.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



