A fin de semana do 23 ao 24 de febreiro celebrouse en Olite (Navarra) o VI Campionato de España de Tiro en sala para cadetes e menores de 14 anos. Alí trasladouse o noso arqueiro Gabriel Galante Briones en representación da Federación Galega na modalidade de menores de 14 anos.
O sábado 23 disputáronse as roldas clasificatorias. Ó final da primeira rolda, Gabriel encabezaba a lista cunha puntuación de 290, se ben non se encontraba nos eu mellor momento non logrando entrar na competición. A pesar de non saír do nove, os deces resistíanse bastante. Despois do descanso, aínda que máis tranquilo, Gabriel no rematou por situarse baixando máis a puntuación logrando 286 puntos. Sumados aos da anterior rolda, situárono en segundo lugar por detrás do representante aragonés. Foron pois suficientes para facilitarlle o pase directo ás roldas de eliminación de octavos de final do día seguinte.
A mañá do domingo comezaron as series eliminatorias. O seu primeiro encontro ante o representante do País Vasco gañábao por 2 sets a 6 pasando a cuartos de final. Nesa ocasión, ante o representante asturiano; Gabriel puxo o corazón nun puño ós galegos presentes, nuns sets moi axustados nos que foron empatados ata o final por 5-5. Só unha frecha do desempate deixaría pasara o arqueiro que máis se aproximase ao centro da diana. Co pavillón en silencio, os dous lanza nas saetas que se van para aliña do nove baixo. O xuíz de pista dálle a vitoria ó noso representante pasando a semifinais.
Gabriel enfróntase ó representante canaro mostrándose máis seguro e realizando as series máis agrupadas finaliza 3-7.
Na final, Gabriel ten que competir contra o representante aragonés. Inicia no encontro empatados. No terceiro set gaña o aragonés e ponse 4-2 en contra de Gabriel. No cuarto set adiántase o aragonés e a súa frecha vaise a un oito. É a oportunidade de Gabriel que coloca a primeira nun nove. A segunda frecha do aragonés colócase na liña do nove/oito. Gabriel tira á mesma liña. Na terceira frecha o aragonés coloca un dez mentres que Gabriel logra un nove. Vitoria para o representante aragonés e segunda praza para Gabriel no campionato nacional.
Trala súa terceira participación en Sala ano campionato nacional, Gabriel despídese da categoría de menores de 14 anos como subcampión de España. Só lle queda intentar revalidar o seu título de Campión de España en Aire Libre conseguido en Gandía en 2012, para abandonar definitivamente a categoría nun campionato que terá lugar en maio en Cambrils (Tarragona).




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
