Hoxe quéroche máis que onte pero menos que mañá; hoxe decataraste dunha corrupción que superará á de mañá. Mira que ben quedou a fraseciña e canta verdade acabo de escribir sen propoñermo. Recoñezo que me avergoña o que está pasando neste país de pandereta e chorizeo. Case ao mesmo tempo que escoito recortes, despedimentos, máis despedimentos, o duque em-pal-mado, o “non me consta” de Miss Cospedal, ou “a investigación está en marcha”, débedas millonarias da administración a pequenas empresas e autónomos, eternas listas de espera, veciños anónimos relatando verdadeiras traxedias domésticas, sen ter nin para pagar a luz, etc., etc., amencemos o día cos papeis secretos de Bárcenas, os soldos a os que mandan en negro e os seus insultantes cambalaches administrativos
Un todopoderoso na contabilidade do PP que presuntamente amparado polas primeiras espadas do partido da orde e respecto-, ese que tanto se queixaba de ZP, a Virxe do Rocío ou o carallo vintanove, ese que pasea aos seus raparigos con traxe e chaqueta escuro para darlle máis elegancia á súa impostura, está ata o carallo. O diario O País, pedazo de exclusiva, si señor, difúndeo a contabilidade; unha contabilidade chusqueira máis propia dunha tenda de aceite e vinagre que dun partido que pretende “e prometeu” acabar coa corrupción. E moito ollo porque xusto mentres, Mariano, Álvarez Cascos, Cospedal, Acebes e outros o levaban calentiño mes a mes, ano a ano. Tiraban da caixa porque as “pelas” non lles permitía chegar a fin de mes. Non teñen vergoña, non a teñen. Si a iso engadímoslle que na “ejemplar” contabilidade menciónase a construtores que en pago por favores prestados recibidos por Concellos, autonomías, etc., enchían as arcas do PP, o círculo péchase cunha indignación que a cidadanía non creo que estea por tolerar moito tempo máis. Isto estalará por algún sitio.
É verdade que xeneralizar é inxusto pero esperando estou que fagan público o listado de quen na cúpula do PP non comeron da man de Bárcenas. Iso sería noticia e ata para os honrados e supoño estupefactos militantes do PP que deben estar noqueados. Menos mal que aínda quedan papeis que nos abran os ollos porque unha sociedade sen prensa, sen xornalistas, é unha sociedade secuestrada, atada de pés e mans. Por iso debemos apoiar e sentirnos orgullosos da prensa que con mil erros, é verdade, aínda é capaz de xogarse o bigote e sacar a verdade documentada. Non falo, non, de opinadores; de charlatáns que de todo saben, non. Falo do auténtico xornalismo; o que está levantando as alfombras do partido das gaviotas. Diso falo.
Alfonso Otero Regal

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



