O primeiro tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle, presidiu a recepción ao alumnado dun instituto de Poussane (Francia), que estivo de intercambio no IES Monte Castelo en Burela desde o pasado 17 de febreiro. Na súa estancia na zona aproveitaron para visitar o barco museo Reina del Carmen e para desprazarse ata Lugo, Santiago de Compostela, Taramundi e San Andrés de Teixido. A expedición formada por 26 alumnos e 3 profesores partirá cara o seu país esta noite. Trátase do XIII intercambio Burela-Poussan, organizado polo departamento de francés do IES Monte Castelo.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



