Dende Independentes polo Val denunciamos publicamente que o alcalde Emilio Lousas non pensa dotar ó concello de Alfoz de plan de ordenación municipal ata o ano 2016, tal como el mesmo indicou e como presentou nos presupostos de 2013.
É unha mostra máis das mentiras do alcalde do PP e dos seus graves incumprimentos cos veciños de Alfoz, que están conseguindo que o concello morra pouco a pouco.
Emilio Lousas xa se comprometeu a realizar o PXOM na súa primeira lexislatura, prometeuno no 2007, dicindo que a finais de ano estaría rematado, igual fixo en anos sucesivos, e voltou a prometelo nas anteriores municipais. Agora faise público que como mínimo ata 2016 non estará listo, e dicir, tampouco o realizará nesta lexislatura.
E lamentable que en Alfoz os veciños non poidan facer a súas casas, que sexa o alcalde do concello, Emilio Lousas quen obriga a xente a marchar do seu propio concello pola súa ineficacia na xestión, ou pola súa total falta da mesma.
En Alfoz o PP está condenando ó concello a desaparición, e un concello no que non existe ningún tipo de norma urbanística, o que impide dende o 2003 que se poida construír de forma legal. Feitos que provocan que os veciños se marchen a residir o veciños concello do Valadouro e a outros concellos da comarca.