O ALCALDE DE FOZ DI QUE A PROPOSTA DE ORZAMENTOS MUNICIPAIS PRESENTADA POLO EQUIPO DE GOBERNO ACHÉGASE MOITO AO QUE PIDE A OPOSICIÓN. CASTIÑEIRA CONSIDERA POSITIVA A XUNTANZA CELEBRADA ONTE, PERO CRITICA A ACTITUDE DO PORTAVOZ DE UNIFOZ PORQUE “ACTÚA CON AFÁN PERSONALISTA E DESVINCÚLASE DA NEGOCIACIÓN”.
Foz, 22 de febreiro de 2013. Despois da primeira reunión da xunta de portavoces para falar sobre os orzamentos municipais para este ano 2013 en Foz, celebrada onte á noite, o alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira fixo hoxe unha valoración “moi boa” do encontro e comentou que a proposta que presentou o equipo de goberno do Partido Popular é “sensata e consecuente coa situación real do Concello”.
Javier Castiñeira salientou que “estamos a baixar máis de 200.000 euros dos orzamentos do ano pasado. Creo que son realistas e ademais achéganse en moito ao que pide a oposición: prevese un plan de emprego de 80.000 euros, que era o que solicitaba o groso da oposición, e aínda que non se pode cumprir coa subida da RPT de 100.000 euros que había establecida para o incremento de salario dos funcionarios sÍ se pon unha pequena partida para subir a produtividade 17.000 euros máis”.
O rexedor municipal explicou tamén que “o Partido Popular está facendo un axuste importante, pero vaino facer o pobo en xeral, porque son uns orzamentos moi axustados e esperemos que o resto dos grupos sexan tamén consecuentes coa situación real. Hai grupos que se ven máis próximos e hai outros que seguen co seu afán personalista como é, xa non digo Unifoz, senón Xaime Cancio, que se dedica ao seu, a tratar de poñer zancadillas e neste caso, unha vez máis, se desvincula de toda negociación”.
“Nós vamos tratar de sacar os orzamentos adiante e se o resto dos grupos non poñen algo da súa parte haberá que traballar cos orzamentos prorrogados, que é algo que nós non desexamos pero evidentemente os esforzos que se poden facer son os que hai nun momento de crise tremenda e tendo en conta que temos 200.000 euros menos que o ano pasado e 800.000 euros menos de ingresos por devolver a participación de tributos do Estado e non ternos axustado ao plan de pago a provedores”, aclarou Castiñeira.
O alcalde focense tamén se referiu ás declaracións realizadas hoxe polo BNG sobre a situación económica do Concello e comentou que “din clarísimamente que non teñen nin idea economía, porque o ano pasado houbo un aforro neto por parte do Concello de máis de 100.000 euros; gastouse menos do que había presupostado. É certo que estamos tendo problemas para pagar aos provedores, pero evidentemente iso é a causa de que eles se negaron a aprobar o pago a provedores. Que agora lle boten a culpa ao grupo popular, cando nós lles estabamos dicindo precisamente que ía pasar isto, é un pouco incoherente”.
“Nós vamos seguir co noso plan, cremos que é interesante para todos que se aproben os orzamentos e contamos tamén, por suposto, con todos, aínda que algúns se afasten da postura do goberno eu creo que sería importante por parte da corporación municipal aprobar uns orzamentos adecuados ao día no que vivimos”, rematou Javier Castiñeira.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



