A Asociación de Gaiteiros Galegos promove xunto coa Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, esta alborada na que xa están inscritos máis de 50 grupos de toda Galicia. A “Alborada para Rosalía” terá lugar o vindeiro 24 de febreiro (Día de Rosalía e aniversario do seu nacemento) nas distintas vilas e cidades do pais.
Dende a AGG animamos a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia a que na mañá do 24 de febreiro dean unha alborada de gloria en vilas e cidades do país interpretando unha peza na honra da nosa poeta, facendo posible que non quede ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía. Ao remate, poderán ler un manifesto no que se explica o motivo e a razón da iniciativa. Os gaiteiros que queiran participar poden informarse e anotarse na web da Fundación: http:// rosaliadecastro.org/chamamento-gaiteiros/. Nesta web poderán atopar o Manifesto, a partitura, a letra e o cartel ademais da historia e o significado desta Alborada. Tamén se lle pide aos participantes que fagan fotos e graven vídeos das súas actuacións e logo os compartan nas redes sociais co hashtag #AlboradaRosalía.
150 aniversario de Cantares Gallegos
Coas celebracións do 24 de febreiro comezan os actos do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra única coa que Rosalía abriu o proceso que se deu en chamar ‘Rexurdimento’ da literatura e da cultura galega. Durante todo o ano, celebrarase esta efeméride con diversas actividades (exposicións, ciclos de conferencias, concertos, publicacións, eventos a pé de rúa, etc.) a realizar en toda Galicia, e coa pretensión de que teñan réplica en varios lugares do mundo.
ALBORADAS CONFIRMADAS NA PROVINCIA DE LUGO
– Outeiro de Rei: Os Minhotos estarán a partir das 11.00 horas diante da casa
natal do poeta chairego Manuel María.
– Lugo: Caivanca, na Praza do Campo Castelo ás 12.30 horas. Sarabela Folk, no Parque de Rosalia de Castro ás 11.15h. Cántigas e Frores, actuación da Banda de Gaitas e do Coro Galego da Asociación na Muralla de Lugo (Porta de Santiago) a partir das 11.30 horas.
– Cervo: Acto poético no mercado do Souto.
– Guitiriz: A.C. Xermolos: Ás 13:30, na Rúa das Canteiras, nº 55,e logo, ás 14:00, na Rúa Castelao, nº 9, en Parga (Guitiriz): lugares onde Dona Gala, filla de Rosalía de Castro, pasou algúns veráns.
– Sarria: Saltanocribo na Rúa Maior ás 13.30 h.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



