O adestrador do Burela FS, Julio Delgado, será o convidado especial do programa radiofónico Proxecto Neo, realizado polos institutos Perdouro e Monte Castelo de Burela e emitido todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde pola emisora local Radio Burela. Julio Delgado, que será entrevistado por alumnos de Ensino Secundario, será preguntado por cuestións referentes á súa infancia e mocidade en Salamanca, aos seus estudos da Licenciatura de Dereito e, finalmente, falará tamén de deporte. Ademais, abordará as posibilidades formativas da escola deportiva do clube. O conxunto dos programas de Proxecto Neo permanece dispoñible nun servizo á carta ao que se accede desde o blog www.proxectoneo.blogspot.com





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



