Este pasado sábado, día 23 de febreiro, organizado polo SEVA (Seminario de estudos do Valadouro), celebrouse en Alfoz unha mesa redonda sobre os rapaces emprendedores. Colaborou na organización o Concello de Alfoz. O acto estivo moderado por Xabier Pardiñas, presidente do SEVA, e nel participaron Amparo Vizoso, psicóloga, que vén de abrir un gabinete psicolóxico na Seara (Alfoz), e Rubén García, socio e fundador da produtora Air-e, nacida hai poucos meses en Lugo; Rubén é tamén de Alfoz. Durante o debate cada un dos participantes contou a súa propia experiencia persoal nos inicios da súa empresa, falou das ideas innovadoras e das motivacións que o levaron a iniciar o negocio e deu consellos para os novos emprendedores que decidan seguir as súas propias iniciativas á hora de lanzarse ó mundo laboral.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



