Mourinho e Rajoy parécense máis do que creen. Ambos son do Real Madrid. Un é portugués e outro galego, ou sexa, limítrofes. Os dous son cincuentóns, líderes, mandan moito e a ós dous gústalles estar no papel. Cando a cousa está caldeada e non lles interesa saír á palestra, envían aos seus subordinados a que dean a cara por eles. O adestrador do Real Madrid manda a Karanka a que asista ás roldas de prensa mentres que o presidente do Goberno pide a Sáenz de Santamaría ou Cospedal que lle substitúan nas comparecencias públicas. O que diferencia fundamentalmente a Rajoy de Mourinho é a claridade. Mentres o portugués é contundente e directo nas súas manifestacións, o galego é ambiguo e confuso. Mentres a xente espera as comparecencias do primeiro para aclararse, abomina das do segundo porque a súa especialidade é desconcertar máis ao persoal. Cando fai unha xira latinoamericana, confunde Cuba con Perú ante a gargallada dos comparecentes. E aquí non dá a cara e cando o fai non permite preguntas aos xornalistas. É un busto parlante instalado na pantalla do televisor.
Cando está fóra non lle queda máis remedio que comparecer xunto aos estadistas doutros países. Estes días, logo de esconderse entre os seus para non contestar ás incómodas preguntas sobre o caso Bárcenas, tivo que saír do caparazón en Alemania, xunto a Merkel, para reiterar o que xa dixo, camuflado entre os seus correligionarios, uns días antes en Madrid.
Rajoy asegura que o financiamento do seu partido é transparente, algo que ninguén se cre porque ata a dos partidos máis pequenos é opaca. Negou tamén que no PP repártanse sobres con diñeiro negro para premiar aos seus dirixentes. Nas terras de Alemania repetiu que todo é falso, excepto o que non o é, nunha intervención que estivo a metade de camiño entre Pedro Rodríguez, Faemino e Cansado e Martes e Trece.
Si Sócrates levantase a cabeza podería unirse a Rajoy e formar un dúo cómico. “Todo é falso, excepto o que é verdade”, sentenciaría o galego. “Eu só sei que non sei nada”, respondería o grego. A diferenza é que Sócrates permitiría toda clase de preguntas esclarecedoras para buscar a verdade mentres que Rajoy escondeuse baixo o refaixo alminoado de Merkel sen admitir a quenda de palabra.
Alfonso Otero Regal















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



