NNXX e OPA Galicia levarán a cabo sendas reunións pola provincia de Lugo para tratar as inquietudes dos mozos autónomos e explicarlles as novas medidas do Goberno
O vindeiro mes de marzo terá lugar, en Burela, unha xuntanza entre mozos emprendedores e membros de NNXX para tratar estas medidas.
Lugo, 14 de febreiro de 2013.- Presidente Provincial, coordinador de Traballo e benestar e Vicesecretario Territorial de NNXX mantiveron esta mañá unha xuntanza co presidente de OPA Galicia, Antonio Lage Tejerina para falar das inquietudes dos xóvenes autónomos e explicar as novas medidas que está estudiando o goberno de Mariano Rajoy a partir dunha moción presentada pola Presidenta Nacional de NNXX, Beatriz Jurado e que foi apoiada por tódolos Grupos Parlamentarios.
Daniel Vega, Marcos García e Diego Campo mostraron a súa satisfacción pola aposta decidida de Mariano Rajoy no tocante ao emprego xuvenil, afirmando que o principal obxectivo desta batería de medidas, anunciadas polo xefe do executivo, continúan a senda do traballo que veñen de facer os mozos populares.
“NNXX traballou da man de outras organizacións e dos nosos representantes en Parlamentos Autonómicos e nacional para conseguir articular instrumentos que freasen a destrucción do emprego xoven” – manifestou Vega quen engadeu que NNXX aposta polo autoemprego e a formación como principais vias para a creacción de emprego xove estable e de calidade.
Explicou Daniel Vega que a vindeira estratexia para o emprego e a Lei de Emprendedores, que plantexará incentivos ao emprendemento e axudas ás empresas que contraten a traballadores menores de 30 anos
“Algunhas medidas que estudia o goberno son que os mozos autónomos pagarán só unha tarifa plana mensual de 50 euros en cotizacións durante seis meses para empezar un negocio; ademáis os homes de ata 30 anos e as mulleres de ata 35 manterán a reducción das súas cotizacións dun 30% durante os dous anos seguintes”- manifestou Vega.
Concluíu o Presidente Provincial anunciando que o vindeiro mes de marzo terá lugar unha xuntanza entre mozos emprendedores e membros de NNXX para tratar as inquedanzas dos primeiros e explicarlles a nova batería de medidas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



