Este venres 8 de febreiro a partir das nove e media do serán celebrarase unha xornada de xogos de mesa, música e ping pong na Casa da Cultura do Vicedo. Haberá dous grandes espazos de xogo, un con mesas de ping pong (organizaranse pequenos minitorneos durante toda a noite) e outro con grandes mesas para os xogos de mesa ós que se poderá xogar individualmente ou en grupos a xogos tan coñecidos como o Scrabble (no que se inspira o famoso apalabrados), cifras e letras, etc. A actividade diríxese principalmente a adultos, pero poden participar tamén maiores de 16 anos.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



