O ALCALDE DE FOZ BUSCA O MAIOR CONSENSO COS GRUPOS DA OPOSICIÓN PARA A APROBACIÓN DO ORZAMENTO MUNICIPAL DESTE ANO 2013.
Foz, 11 de febreiro de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, espera lograr o maior consenso cos grupos da oposición municipal para aprobar o orzamento do Concello correspondente a este ano 2013.
Javier Castiñeira explicou esta mañá que “o grupo de goberno e máis os portavoces da oposición reunímonos a semana pasada para iniciar a tramitación do borrador dos orzamentos municipais e entregueilles a mesma documentación da que vai dispoñer o grupo de goberno aos diferentes portavoces de todos os grupos políticos da corporación de Foz e quedamos en que en próximas semanas reunirémonos novamente para iniciar a elaboración do borrador dos orzamentos para o ano 2013”.
O rexedor municipal comentou tamén que “o importante para o Concello sería que se fixeran uns orzamentos coa maior parte dos grupos políticos; ese é o interese do equipo de goberno sabendo que van ser uns orzamentos difíciles, porque se vai dispoñer de 250.000 euros menos para gastos que o ano pasado e practicamente roldarán os 5.750.000 cando no 2012 eran 5.950.000. Polo tanto eu creo que debemos traballar todos no mesmo sentido, en que sexan uns orzamentos adaptados á situación e ao momento adecuado. Por iso pido esa responsabilidade e sensatez de todos os grupos, tanto do goberno como da oposición”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



