A Mariña, 19 de febreiro de 2013. O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, Antonio Veiga, critica a actitude dos alcaldes do Partido Popular ante a reforma da administración local proposta polo Goberno do Estado que contempla a redución dos soldos dos rexedores municipais e pide aos dirixentes do Partido Popular de Galiza que aclaren se apoian as afirmacións dos alcaldes dispostos a deixar a actividade política se se lle toca o seu salario.
Para Veiga estas ameazas dos alcaldes populares da Mariña son “lamentábeis e un insulto a todos os mariñáns, máis nun momento de forte recesión económica que está deixando a milleiros de desempregados na comarca, a familias con todos os seus membros en paro que non reciben ningunha axuda e a todos os traballadores que ven como diminúe a súa renda de traballo polos recortes salariais e medidas como a suba de impostos e o copago nos servizos públicos. Afirmar que un é alcalde porque permite manter un determinado nivel de vida e que se lle reducen o salario terá que cambiar de actividade porque non lle permitirá mantelo, é a confirmación de moitas sospeitas que alertaban, xa hai tempo, da falla de vontade de servizo público dos rexedores populares. Estamos ante declaracións indignas de representantes do pobo que deben pór os intereses dos cidadáns por riba dos intereses persoais”.
Dende o Bloque insístese en que a reforma proposta polo Goberno central recolle modificacións de maior gravidade para os concellos que o soldos dos alcaldes, que deberían estar defendendo a xestión das entidades locais e estar demostrando o seu rexeitamento cara a ofensiva unificadora emprendida polo seu propio partido, que pretende baleirar de competencias aos concellos e dificultar a prestación de servizos públicos camiñando cara a súa privatización.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



