O BNG PEDIRÁ EXPLICACIÓNS, DOCUMENTACIÓN SOBRE OS GASTOS E RESULTADO DA VIAXE DE DOS MEMBROS DO GOBERNO LOCAL A FITUR
É UN EXCESO QUE DOUS MEMBROS DO GOBERNO LOCAL VIAXEN A FITUR CANDO A MAIORÍA DOS CONCELLOS MARIÑAOS POR CUESTIÓNS ECONÓMICAS OU NON VAN OU SÓ ENVÍAN UN REPRESENTANTE.
PARA IR PASAR UNS DÍAS A FACERSE UNHAS FOTOS A MADRID CHEGABA CON QUE MANDARAN UN REPRESENTANTE COMO FAN OS OUTROS CATRO CONCELLOS DA MARIÑA.
Cervo, 1 de febreiro de 2012: O BNG cualificou de “exceso en gasto improdutivo” o feito de que dous membros do grupo de goberno municipal viaxen a FITUR xa que “para facerse fotos non facían falla tantas alforxas”. Os nacionalistas consideran que na situación económica actual, cando se está recortando persoal municipal, deixando ao persoal municipal sen extra ou incrementando as taxas e impostos municipais á cidadanía, non é de recibo que dos cinco concellos da Mariña que este ano viaxaron a FITUR, Cervo vaia varios días a Madrid cunha delegación de dúas persoas como si aquí non pasara nada.
Mentres a maioría dos concellos da comarca non asisten por motivos económicos, o goberno local de Cervo como sobran recursos económicos envía dúas persoas a facerse fotos.
Os nacionalistas cuestionaron “o exceso de gasto” que supón para as arcas municipais enviar dous representantes do goberno local varios días a FITUR e comparou a actitude doutros concellos da comarca que non enviaron representantes por motivos económicos ou foron só un representante por concello; chama a atención que os cinco concellos mariñaos que asisten a FITUR envían aos respectivos alcaldes, “pero Cervo como sobran recursos económicos envía dous e varios días”. “Os nacionalistas non critican que o concello estea representado nesta feira turística, outra cousa son os excesos representativos e de gasto para sacarse unhas fotos”.
Pedirán explicacións ao alcalde dos gastos e as xestión realizadas
Os nacionalistas anunciaron que pedirán ao goberno municipal información sobre os gastos da viaxe e estancia da concelleira de turismo e o alcalde en FITUR, cales foron os contactos realizados, con qué resultados e cal foi o motivo polo que foi necesario o desprazamento de dous representantes á feira. Para o BNG “non parece moi razoábel que o goberno local multiplique con tanta alegría determinados gastos ao tempo que aproba subas indiscriminadas de taxas e impostos municipais ou recortes salariais e de persoal na plantilla municipal.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



