JULIO DELGADO NON SEGUIRÁ NO BANCO DO BURELA FS
Julio Delgado González non seguirá dirixindo o banco do Burela FS Pescados Rubén en Primeira. Onte, a última hora da tarde, o vicepresidente da entidade, Manuel Blanco, e o director xeral, José Luis Sáez, comunicáronlle ao técnico a decisión de cesalo tras o acordo adoptado pola xunta directiva laranxa, que chega despois a última derrota do equipo, na visita do Umacón Zaragoza (2-4). Tras informar a Delgado, o club iniciou negociacións para cubrir a vacante; polo momento aínda non se formalizou contrato con ningún adestrador.
“Non foi unha decisión doada” admitiu Manuel Blanco. “A estrutura laranxa fixo un esforzo sobrehumano para cumprir o soño de dar o salto á Primeira División; custounos moito chegar ata aquí e faremos todo o posible por manternos; temos que reorientar a traxectoria na liga para cumprir o obxectivo da permanencia” xustificou o dirixente. “A sorte non nos está acompañando neste ano histórico. Coa renovación do mercado invernal os resultados non responderon como se esperaba; vémonos obrigados a dar este paso adiante para seguir gozando deste gran soño” explicou Blanco.
Julio Delgado regresou a tempada pasada ao que fora o seu equipo entre 2002 e 2006 na etapa como xogador para estrearse na Segunda División como técnico; en 2009-10 xa formou parte do corpo técnico laranxa, como segundo adestrador. A súa primeira experiencia nos bancos foi na Mariña co Concello de Trabada FS, de Terceira División (2006-09), no que alternou o traballo de pista e de estratexia.
No nome da familia laranxa, o vicepresidente do Burela FS Pescados Rubén agradeceu “a entrega e dedicación” de Julio Delgado, “un home da casa –dixo- que proporcionou moi bos momentos ao longo de diferentes etapas da historia do club, peza dunha engrenaxe que despois de 11 anos nas pistas conseguiu dar o salto á elite do fútbol sala”. Sobre as palabras de Blanco, José Luis Sáez destacou a profesionalidade do técnico: “Esta é a súa casa e sempre terá as portas abertas”, puntualizou o directivo laranxa.
JULIO DELGADO NO SEGUIRÁ EN EL BANQUILLO DEL BURELA FS
Julio Delgado González no seguirá dirigiendo el banquillo del Burela FS Pescados Rubén en Primera. Ayer, a última hora de la tarde, el vicepresidente de la entidad, Manuel Blanco, y el director general, José Luis Sáez, le comunicaron al técnico la decisión de cesarlo tras el acuerdo adoptado por la junta directiva naranja, que llega después la última derrota del equipo, en la visita del Umacón Zaragoza (2-4). Tras informar a Delgado, el club inició negociaciones para cubrir la vacante; por el momento aun no se ha formalizado contrato con ningún entrenador.
“No ha sido una decisión fácil” admitió Manuel Blanco. “La estructura naranja ha hecho un esfuerzo sobrehumano para cumplir el sueño de dar el salto a Primera División; nos ha costado mucho llegar hasta aquí y haremos todo lo posible por mantenernos; tenemos que reorientar la trayectoria en la liga para cumplir el objetivo de la permanencia” justificó el dirigente. “La suerte no nos está acompañando en este año histórico. Con la renovación del mercado invernal los resultados no han respondido como se esperaba; nos vemos obligados a dar este paso adelante para seguir disfrutando de este gran sueño” explicó Blanco.
Julio Delgado regresó la temporada pasada al que había sido su equipo entre 2002 y 2006 en la etapa como jugador para estrenarse en Segunda División como técnico; en 2009-10 ya formó parte del cuerpo técnico naranja, como segundo entrenador. Su primera experiencia en los banquillos fue en A Mariña con el Concello de Trabada FS, de Tercera División (2006-09), en el que alternó el trabajo de pista y de estrategia.
En el nombre de la familia naranja, el vicepresidente del Burela FS Pescados Rubén agradeció “la entrega y dedicación” de Julio Delgado, “un hombre de la casa -dijo- que ha proporcionado muy buenos momentos a lo largo de diferentes etapas de la historia del club, pieza de un engranaje que después de 11 años en las pistas consiguió dar el salto a la elite del fútbol sala”. Sobre las palabras de Blanco, José Luis Sáez destacó la profesionalidad del técnico: “Esta es su casa y siempre tendrá las puertas abiertas”, puntualizó el directivo naranja.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
