VIDAL MARTÍNEZ-SIERRA ELIXIDO PRESIDENTE DA COMISIÓN 7ª DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN, GANDARÍA E MONTES DO PARLAMENTO DE GALICIA
Santiago, 14 de febreiro de 2013.- O deputado lucense do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra foi elixido hoxe novo presidente da Comisión 7ª do Parlamento de Galicia na que se debaten cuestións relativas á agricultura, alimentación, gandaría e montes.
O seu nomeamento tivo lugar esta mañá ao inicio da xuntanza desta comisión parlamentaria grazas ao voto favorable dos deputados do Grupo Popular e sen ningún voto en contra por parte das formacións políticas da oposición.
Martínez-Sierra agradeceu a confianza depositada polos deputados da Comisión 7ª tralo seu nomeamento e manifestou que estaba a disposición dos profesionais do mundo rural, agroalimentario e forestal na súa condición de presidente da órgano parlamentario encargado destes asuntos.
Vidal Martínez-Sierra, ex-alcalde de Lourenzá, iniciouse como deputado autonómico na actual lexislatura logo de ocupar o posto número nove da candidatura popular pola provincia de Lugo
O novo presidente da Comisión encargada dos asuntos do Medio Rural é Licenciado en Veterinaria pertence ao Corpo Superior Facultativo da Xunta. Durante a pasada lexislatura foi tamén xefe territorial da Consellería do Mar el Lugo ata o ano 2010.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



