O mago Teto pecha este xoves 28 de febreiro na Sala Castelao de Lugo o ciclo ‘Febreiro Máxico’ que contou coas actuacións de magos lucenses tódolos xoves do mes. A actuación dun dos magos máis veteranos, orixinais e cun perfil máis completo –ademais de ser un habitual na televisión- desenvolverase novamente ás once da noite e terá un custe de 5 euros. A programación habitual da sala complétase o 1 de marzo coa celebración do novo ano romano. O sábado Ripper Ground, pecharán a programación da sala cun concerto do seu primeiro disco de punk rock ‘Manual para animales inconformistas’ a partir das once e media da noite.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



