A Consellería de Educación vén de remitirlles aos centros unha carta na que anuncia que o Ministerio anula o convenio para os programas Escolas Viaxeiras, Rutas literarias e Rutas Científicas, cos que os alumnos podían optar a coñecer outras comunidades durante uns días a través de intercambios, e dos que se beneficiaron nos últimos anos decenas de centros da provincia e de Galicia
O PSdeG-PSOE de Lugo critica a nova eliminación por parte do PP de programas que permiten darlle un valor engadido á educación sobre todo nas zonas rurais. A Consellería de Educación vén de remitirlles aos centros unha carta na que anuncia que o Ministerio anula o convenio de colaboración con Galicia para o desenvolvemento dos programas de cooperación territorial Escolas Viaxeiras, Rutas Literarias e Rutas Científicas, dos que no último ano foron beneficiados centros de Castroverde, Folgoso do Courel, Foz, Monforte, Sarria, Viveiro ou Guntín. Con estes programas, os alumnos podían presentarse e optar a coñecer cidades doutras comunidades autónomas a través de rutas de varios días relacionadas coa cultura, a ciencia ou a literatura.
“Unha vez máis vemos as prioridades do PP, que recorta en pequenas partidas que significan moito para potenciar unha educación diferenciada e con valor engadido, no que supón un novo desprezo ao rural e ás oportunidades dos alumnos destas zonas para o acceso a este tipo de iniciativas”, explica o secretario de Educación do PSdeG en Lugo, Carlos Ferreiro. Na misiva, a Consellería de Educación di que esta eliminación se produce “por razóns orzamentarias”, sen dar máis explicacións, e como consecuencia elimina as convocatorias que xa foran publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) o 21 de novembro, polo que xa era un proceso avanzado cos prazos abertos e á espera da comunicación final aos centros, co prexuízo que isto supón. “Ademais do desafortunado desta decisión, censuramos a nefasta xestión do PP, que fai e desfai cando quere e elimina uns programas que xa estaban convocados de xeito oficial no BOE, o que amosa unha falta de respecto inaceptable do Goberno aos mestres e alumnos”, engade Ferreiro. O socialista insta ao PP a que explique esta “falta de previsión” para eliminar unhas partidas que xa tiñan que estar previstas.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



