O Cabazo de Ribadeo xa ten preparado o menú especial para celebrar San Valentín que poderá degustarse do 14 ó 17 deste mes. O prezo é de 56 euros por parella, que ademais entrarán no sorteo dunha noite na suite do hotel con cava e almorzo na propia habitación. O sorteo realizarase o luns día 18 de febreiro. Para celebrar o Día dos Enamorados o hotel restaurante O Cabazo tamén ofrece a posibilidade de aloxamento a un prezo especial para as parellas que degusten o menú de San Valentín. Nese caso poderán desfrutar do menú, unha noite no hotel, o almorzo na habitación e unha botella de cava por 125 euros parella. As reservas realízanse no propio establecemento da rúa Río do Amalló nº 1 de Ribadeo ou no 982.128.517. Máis información en www.hotelrestauranteocabazo.com ou ocabazo@ribadeoturismo.com. Este martes 12 conclúen as súas xornadas do cocido.




















Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



