PAULA CORTIÑAS, DE BRANCO E AZUL
A prometedora Paula Cortiñas (Cervo, 1996) cambiará esta semana a camiseta laranxa pola branca e azul. A pivote burelista representará a Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-17, que acollerá a localidade gaditana de Chiclana de la Frontera (6-10 de febreiro).
A expedición irmandiña, que realizou o último adestramento o domingo pasado, puxo rumbo a terras andaluzas esta mañá dende A Coruña. Xunto a Paula pelexarán polo título María Romero, María Arias e Antía Piñeiro, do Cidade das Burgas; María Gómez, do Viaxes Amarelle; Olga Grande, do Ponte Ourense; Diana Vanesa Díaz, do Valdetires Ferrol; Nerea Ramallo, Belén Feal e Laura Doce, da Fervenza; Raquel Rodríguez, do Leis Pontevedra; e Nerea Moldes, do Poio FS.
O combinado de Manuel Castillo estará integrado no Grupo C, xunto Cantabria e Cataluña. No A, xogarán A Rioxa, Navarra e Madrid e no B competirán Murcia, Aragón e a anfitrioa, Andalucía.
O polideportivo Costa Sancti Petri acollerá o evento; a primeira fase disputarase entre mañá e o venres; ás semifinais do sábado accederán os campións de grupo e o mellor segundo e a final será o domingo.
Mércores 6 de febreiro
18.00 horas: Cantabria-Galicia
Xoves 7 de febreiro
18.00 horas: Perdedor Cantabria/Galicia-Cataluña
Venres 8 de febreiro
12.30 horas: Cataluña-Gañador Cantabria/Galicia
Sábado 9 de febreiro
10.30 horas: 2º mellor clasificado-1º Grupo B
12.30 horas: 1º Grupo A-1º Grupo C
Domingo 10 de febreiro
11.00 horas: FINAL
PAULA CORTIÑAS, DE BLANQUIAZUL
La prometedora Paula Cortiñas (Cervo, 1996) cambiará esta semana la camiseta naranja por la blanquiazul. La pívot burelista representará a Galicia en el Campeonato de Selecciones Autonómicas Sub-17, que acogerá la localidad gaditana de Chiclana de la Frontera (6-10 de febrero).
La expedición irmandiña, que realizó el último entrenamiento el domingo pasado, puso rumbo a tierras andaluzas esta mañana desde A Coruña. Junto a Paula pelearán ponerlo título María Romero, María Arias y Antía Piñeiro, del Cidade das Burgas; María Gómez, del Viaxes Amarelle; Olga Grande, del Ponte Ourense; Diana Vanesa Díaz, del Valdetires Ferrol; Nerea Ramallo, Belén Feal y Laura Doce, de A Fervenza; Raquel Rodríguez, del Leis Pontevedra; y Nerea Moldes, del Poio FS.
El combinado de Manuel Castillo estará integrado en el Grupo C, junto Cantabria y Cataluña. En el A, jugarán La Rioja, Navarra y Madrid y en el B competirán Murcia, Aragón y la anfitriona, Andalucía.
El polideportivo Costa Sancti Petri acogerá el evento; la primera fase se disputará entre mañana y el viernes; a las semifinales del sábado accederán los campeones de grupo y el mejor segundo y la final será el domingo.
Miércoles 6 de febrero
18.00 horas: Cantabria-Galicia
Jueves 7 de febrero
18.00 horas: Perdedor Cantabria/Galicia-Cataluña
Viernes 8 de febrero
12.30 horas: Cataluña-Ganador Cantabria/Galicia
Sábado 9 de febrero
10.30 horas: 2º mejor clasificado-1º Grupo B
12.30 horas: 1º Grupo A-1º Grupo C
Domingo 10 de febrero
11.00 horas: FINAL























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
