“He perdido un papelito- que tenía yo apuntao- Ahora mismo no sé dónde lo he dejao.
Se me olvidará un encargo que tenía por hacer. ¿Me lo habrá tirado alguien sin querer?
¿Dónde está mi papelito? ¿Se lo habrá llevado el viento? Hace un rato me sentía tan contento. Una mina yo tenía en la esquina de un papel no recuerdo qué carajo puse en él”Cantaba desgañitandose Juan Perro.
Manda carallo. Agora declara o Partido Popular que os papeis de Bárcenas son “fotocopias de fotocopias, non orixinais” Por que tardaron tanto os dirixentes dese partido en dicir que se trata de papeis falsos e fabricados? A información percorreu máis de medio mundo, e, de súpeto, descolgase o PP cunhas declaracións baseadas en meras impresións logo de supostas consultas realizadas a supostos peritos cuxos nomes non transcenderon. “Dá a impresión”, manifestou o dirixente popular González Pons, de que as adulteradas anotacións foron escritas “dunha soa sentada”. Deste xeito borrou dunha plumada os longos anos de corrupción detallada día a día nos papeis que, segundo di, son falsos. Tamén concedeu de paso existencia a algún vidente actual cun don de imaxinación de longo alcance. Polo menos como para dispoñer dunha visión de pasado en certos casos exacta, a xulgar polas declaracións de Rajoy sobre algunhas verdades contidas nas supostas “fotocopias das fotocopias duns apuntes contables”. Bla, bla, bla.
Como alegacións engadidas para desmentir a veracidade do contido dos falsos documentos opón González Pons “a contabilidade oficial e única”, coma se non puidese darse outra paralela. Tamén alude ao feito de que “o suposto autor dos papeis”, Bárcenas, “negou que sexan seus”. ¡Pois claro, como ía declarar contra si mesmo! E como non ían defendelo os dirixentes do PP, si a súa caída supoñería igualmente a deles?
Máis aínda, o PP decidiu que todos os altos cargos do partido presenten unha declaración xurada e publiquen as súas declaracións da renda e do patrimonio. E ¿Quen declararía a Facenda os miles e miles de euros negros contidos en inmaculados sobres?
O máis inquietante, paréceme, porque soa a advertencia: logo de criticar o comportamento do PSOE e a súa esixencia de dimisión de Rajoy, González Pons afirmou ter a “seguridade de que a contabilidade do PSOE é correcta” e estar “convencido de que a Rubalcaba pásalle o mesmo coa do PP”.
Pero estes individuos da dereita pensan que todos somos parvos neste pais? , a bo seguro de que si….”pobrecito mi patrón piensa que el parvo soy yo”…decia Ataulpa Yupanqui…ou algo parecido.
Alfonso Otero Regal

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



