O Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa organizando actividades culturais para o mes de marzo. Desta volta, será a presentación do libro “22 documentos do feminismo galego”, editado pola Fundación Galiza Sempre e que recolle panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e 2003. Terá lugar o venres 1 de marzo ás 20.30 horas na Casas das Letras de Ribadeo. No acto intervirán: Xesús Veiga Buxán, presidente da Fundación Galiza Sempre, ex deputado no Parlamento Galego e profesor na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela; e tamén Isabel Rodríguez Mate, historiadora e investigadora que participou na recompilación dos documentos do libro.
Presentación do libro “22 documentos do feminismo galego” en Ribadeo
Presentación do libro “22 documentos do feminismo galego” en Ribadeo
Relacionado
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación