RAQUEL ARIAS AVALÍA CO ALCALDE DE ALFOZ OS AVANCES DOS PROXECTOS DE MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS E SANEAMENTO QUE SE REALIZAN NO CONCELLO
Lugo, 8 de febreiro de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, para valorar algunhas das actuacións que está a desenvolver a Xunta no municipio.
Así, a delegada e o rexedor alfocense abordaron as actuacións que a Consellería de Presidencia financiou no municipio con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Neste sentido, ámbolos dous representantes trataron sobre as obras de saneamento no núcleo de Couto de Abaixo, ademais da colaboración por parte do departamento autonómico nos gastos da recollida de lixo a través dunha subvención global de 58.000 euros.
Esta contía procede dun fondo posto en marcha polo actual Executivo galego, que sufraga actuacións con cargo ao canon eólico nos municipios que soportan este tipo de instalacións, o que permitiu que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia.
Así mesmo, Arias avaliou co rexedor que están próximas a rematar as obras do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (Peim), que supón un investimento de máis de 53.000 euros por parte da Consellería do medio Rural e do Mar.
A través deste programa estanse mellorando 1,8 quilómetros de camiños e pistas de acceso a núcleos rurais. En concreto, os tramos sobre os que se actúa son os camiño de Rizal a Señorío e de Insua a Xogral, e os accesos a Acernadas e Sesín.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



