A Charanga “@s Verças-tolas”, formada por rapaces e rapazas da Banda de Música de Burela participou nos Entroidos de Foz e Burela. A Charanga da Banda comezou a súa pequena “xira” do Entroido o pasado venres nos institutos e colexios de Burela, pero tamén participaron na festa de Entroido da Escola Infantil de Burela. No desfile de Entroido de Foz a Banda acadou o segundo premio na modalidade pola que concursaba. Tamén estivo no desfile de Burela, pero participando fóra de concurso e a modo de colaboración coa comisión organizadora. Para a maioría dos rapaces e rapazas, esta era a primeira vez que participaban nunha charanga, aínda que despois desta experiencia admiten que repetirán o próximo ano.
Kilt
O traxe escollido pola charanga para este ano estivo inspirado na indumentaria característica dos países celtas, cuxo elemento máis representativo é o kilt (saia a cadros con pregues na parte traseira), popularmente coñecido como saia escocesa. Esta escolla veu motivada pola participación da Banda de Burela, xuntamente coa Banda de Gaitas Dambara no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, o pasado verán.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



