CADERNOS DA VIAXE. SOLUCIONARMOS AS PREFERENTES,
Nas últimas semanas, dende o Goberno do Estado e dende o proprio FROB estanse a proxectar medias verdades, cando non completas falsidades a respecto do problema dos clientes minoristas galegos afectados pola comercialización das preferentes e subordinadas. Mesmo se chegou a publicar en xornais de máxima difusión galega e estatal que non había outro xeito para eludir as futuras condicións de quita e canxe ca a arbitraxe, omitindo a vía da reclamación xudicial de nulidade.
As condicións de quita e troco que proporán NCG BANCO, BANKIA e demáis entidades estatalizadas só rexerán para aqueles que non obteñan a declaración de nulidade do seu contrato de adquisición destes produtos. Esta declaración pode acadarse, quer a medio dun laudo arbitral, quer a medio dunha sentenza xudicial. As dúas vías son incompatíbeis, pero só dende o momento no que o afectado asina a conformidade coa proposta de devolución que lle presenta o Banco. A mera solicitude de arbitraxe non aceptada polo Banco permite pedir a nulidade pola vía xudicial.
Van aló máis de 13.000 casos resolvidos na arbitraxe, mais a Xunta ralentizou en grande medida o proceso dende as eleccións, Así É todo. segue aberto e semella que unhas 2.000 persoas (menos do 7% dos casos pendentes que pediron arbitraxe) acadarían solución por esta vía. O resto terían que demandar xudicialmente para acadar esta nulidade. Doutro xeito ficarán suxeitos aos termos da quita e canxe.
A demanda xudicial individual é máis segura e rápida, malia que existan posibilidades obxectivas da viabilidade das demandas colectivas, a presentada polo Fiscal Superior de Galicia e a que está a preparar AGAPROFI. Neste senso, a admisión desta última dependerá de que os Tribunais consideren que o colectivo de clientes minoristas afectados constitúe un colectivo minimamente homoxéneo e doadamente determinábel. Porque o problema da comercialización das preferentes non é que se lle venderan a analfabetos ou incapaces, senón a toda caste de clientes minoristas( mesmo medianos empresarios e enxeñeiros) para os que non estaban concibidas. Vendas que nunha esmagante maioría adoeceron de defectuosa información e abuso de confianza, o que define a relativa homoxeneidade do colectivo para o efecto da demanda colectiva.
Xoán Antón Pérez-Lema

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



