UNIFOZ quere manifestarlle aos veciños e veciñas de Foz a súa disposición para consensuar uns ORZAMENTOS MUNICIPAIS, uns orzamentos pensados en sacar a Foz, na situación de parálise e abandono a que nos ten sometidos o PP de Foz.
UNIFOZ, defende de igual xeito que o fixo o ano pasado, un documento de orzamentos serio, crible e pensando nas obrigas do propio Concello e nas necesidades máis urxentes:
-Plan de emprego, para Unifoz, o plan de emprego é algo máis que un diñeiro nunha partida, por ese motivo, queremos un plan de emprego que responda.
-As necesidades do noso pobo, para reforzar servizos (turismo, biblio-praia, axuda no Fogar, limpeza, coidado de zonas verdes, rozado de pistas, socorrismo, electricista).
-Inclusión de persoas con e sen titulación e xoves.
-Bases pactadas na Corporación, onde se garanta, publicidade, mérito e capacidade, e situación social.
-RPT, Unifoz, considera que o pago do 30 % da RPT, non é unha subida ,se non unha débeda do Concello cos traballadores/as , e que a aplicación da RPT, ten que estar contemplada no orzamento,en cumprimento do acordo da corporación o pasado 25 de febreiro de 2010, do contrario PODERÍA PRESENTARSE RECLAMACIÓN o orzamento.
-Aforro, Unifoz, considera que é necesario un plan de aforro, e non seguir gobernando a golpe de talonario como fai este goberno do PP en Foz, onde recordamos unha vez máis que o ano pasado cando so podían gastar 60.000 € en festas, gastaron 129.000 €, e dicindo que non hai cartos para outros servizos máis básicos, coma Axuda no Fogar,neste sentido seguimos pedindo se traballe en Compostaxe, para desminuir a factura de Sogama (250.000 €), así como aforro enerxético para diminuír a factura de consumo e mantemento (550.000 €).
-Melloras na recadación, Unifoz, considera que é posible recadar máis sen gravar con máis impostos aos veciños, simplemente coa aplicación máis rigorosa e xusta das ordenanzas.
-Non privatización de servizos, Unifoz, non votará a consignación presupostaría para privatizar os servizos de mantemento de xardíns, pois considera, que coa plantilla municipal, co plan de emprego, e coa colaboración do Obradoiro de Emprego, e reorganización puntual do persoal de outros servizos, hai medios suficientes para facer eses traballos.
-Inversións, Unifoz, é consciente de que hai poucas posibilidades económicas para facer inversións, pero dentro de ese marxe, é posible por anualidades facer compra adquisición de terreos dos Castros en San Martiño.
Como resumo, Unifoz, quere dicirlle ao Equipo de Goberno do PP de Foz, que si contabilizamos os ingresos pendentes por plusvalías, baixamos as festas a 40.000 €, poñemos o plan de emprego con 70.000 € de achega municipal e buscamos axudas de outras administracións, eliminamos os 36.000 € en privatizacións propostos polo Equipo de Goberno, e mantemos a cantidade en produtividade do ano pasado, xa dispoñemos para aplicar a RPT na súa totalidade.
Exposto o anterior, Unifoz, quere dicirlle ao PP de Foz, que as partidas, só son números para cadrar contas, o importante dun presuposto e ser serios e rigorosos no seu cumprimento, e en esa parte UNIFOZ, ten pouca confianza en este E.G, que pola súa falta de capacidade e organización, goberna a golpe de talonario, e cun claro interese en privatizar servizos, como o demostra haber privatizado incluso as festas do Entroido, no que se refire a organización de bailes na Sala Bahía, adxudicándollo a unha empresa, ou como haber gastado o ano pasado os 129.000 € en festas onde na partida poñía 60.000 €, así pois “¿de que nos serve que este equipo de goberno nos diga que pon en festas 50, 60 ou 40? Ao final gastan o que lles da a gana”.
Unifoz quere anunciarlle ao Equipo de Goberno do PP de Foz que non votará a favor da aprobación de ningunha factura que quedara fóra de contabilidade do ano 2012 por gastos en FESTAS, por consideralo unha irresponsabilidade do Sr Alcalde e o seu equipo.