O grupo municipal UNIFOZ formado por Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela presentaron no Concello un escrito mediante o que reclaman informes en relación ós preto de 50 reparos de Intervención correspondentes ó mes de xaneiro que “demostran que este goberno está actuando ó marxe da lei”, apunta o voceiro de UNIFOZ, Jaime Cancio.
Nese sentido, o grupo municipal de UNIFOZ solicita a copia de 22 informes de Intervención correspondentes aos pagos de facturas a Raúl Benito González en concepto de “Curso de socorrismo”; Segurcaixas, Adeslas e outras, María Dolores Carreira tamén polo “Curso de socorrismo”; Mensajeros de la Paz por un servicio de perruquería que ascende a 18 mil euros ou Relación 66. Así mesmo, entre as copias dos informes de Intervención que solicitan dende UNIFOZ atópase o correspondente coa conta xustificativa do anticipo A Caixa do alcalde con data do 26 de decembro, a mesma data do informe sobre exp. de modificación de créditos 30/2012.
Outras facturas de xustificación do curso de socorrismo son as que motivan a solicitude da copia do seu informe de Intervención por parte de UNIFOZ; ademais do pago da factura a Taranis Recreación Cultural H. SLL – Festa Normanda por un importe de 7.436,36 euros.
UNIFOZ tamén solicita no escrito presentado no Concello unha copia do informe de Intervención con data do 28 de decembro sobre a modificación de crédito 31/2012 e sobre o recoñecemento de obrigas varias por importe de 2.500 euros ou a xustificación de pago a xustificar polo alcalde por un importe de 180 euros.
Así mesmo, tamén solicitan a información do informe sobre o reintegro ó Ministerio de Facenda e Administración Públicas por un importe de 4.706,15 euros máis 527,99 de intereses do proxecto FEIL nº 13300 e do pago das facturas incluídas na relación 70/2012.
O pago de facturas a Telefónica de España tamén suscita o interese do grupo municipal de UNIFOZ en relación a dúas facturas cuns importes de 2.822, 15 euros e 341, 60 euros, respectivamente. Do mesmo xeito, UNIFOZ presentou a solicitude de copia dos informes correspondentes a unha factura de 7.405,26 euros de SOLRED, S.A.; outra de CONTRUDECO NORTE S.L., sen especificar contía e outra da Fundación Mensajeros de la Paz, tamén sen contía.
Finalmente, dende UNIFOZ solicitan información en relación ao pago de subvencións a asociacións; sobre a orde de pago a xustificar de 1.500 euros para a Festa do Berberecho e tamén pediron unha copia para estudar o informe de Intervención coa data do 23 de xaneiro do presente ano.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



