VICEPRESIDENCIA APOIA A INICIATIVA DO CONCELLO DE RIBADEO DE CREAR UNHA MESA DE TRABALLO SOBRE A PRAIA DAS CATEDRAIS PARA FOMENTAR O SEU DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL
Ribadeo, 14 de febreiro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou no I Cumio Institucional Europeo sobre a Praia das Catedrais organizado polo Concello de Ribadeo e que contou coa participación de Pía Bucela, directora xeral de Natureza e Biodiversidade da Comisión Europea e representantes doutras administracións.
O obxectivo deste encontro era lograr o compromiso de todas as institucións con competencias para desenvolver as potencialidades deste enclave turístico e natural, catalogado como Monumento Natural e LIC en Rede Natura, para constituír unha Mesa de Traballo que elabore un plan de acción e un modelo de xestión integral.
Antonio Veiga amosou o apoio da Vicepresidencia da Deputación Provincial a esta proposta do Concello de Ribadeo na que a Mesa de Traballo encargaríase de redactar un plan con medidas transversais e poñería en marcha un centro de interpretación para o control e atención á protección medioambiental do entorno, o deseño de programas de educación e sensibilización e a atención continuada a turistas.
Veiga sinalou, tamén, a necesidade de artellar unha estratexia na que participen todas as administracións competentes para conciliar o valor medioambiental e paisaxístico da praia das Catedrais co seu valor turístico e económico non só para Ribadeo senón para toda a comarca da Mariña e incluso para toda Galiza. “Seguir sen un modelo de xestión definido desgastará este enclave e senón se logra a implicación de todas as institucións e a elaboración dun proxecto en común con amplitude de miras remataremos con todos os beneficios que proporciona este areal”.
Durante a súa intervención o vicepresidente da Deputación lembrou que o ente provincial e o concello de Ribadeo asinan todos os anos un convenio de colaboración de, aproximadamente, 40.000 euros para afrontar os gastos do proxecto ‘Praia das Catedrais’ e grazas ao que se mellora o servizo de información turística, se edita material informativo dos programas turísticos e contrátase persoal encargado da limpeza, do baleirado de fosas sépticas e do acondicionamento do terreo.
Nas vindeiras semanas ambas institucións asinarán un novo convenio de 80.000 euros para continuar co traballo de mellora da información turística da Praia das Catedrais, algo que Veiga considera “imprescindíbel xa que a oficina de información situada nas inmediacións da praia recibe máis visitas que o Punto de Información do Ribadeo, un dos máis visitados de toda Galiza”.
A este respecto, o alcalde de Ribadeo agradeceu ao vicepresidente da Deputación Provincial o seu compromiso co entorno da Praia das Catedrais que se materializa cada ano en convenios de colaboración que sitúan ao ente provincial como o máis inversor na posta en valor e coidado deste recurso natural, turístico e económico.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



