– Con esta medida, ratificada despois polo Pleno, o Presidente dá un paso máis na súa aposta de incrementar transparencia e calidade democrática, así como na nova liña estratéxica da Deputación: o goberno aberto
– A información patrimonial dos 25 membros da Corporación está dispoñible en dous soportes: desde hoxe na páxina web institucional www.deputacionlugo.org e no BOP do vindeiro sábado
A Deputación de Lugo fixo público este xoves, a proposta do seu Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, o patrimonio dos 25 Deputados da Corporación provincial. Esta medida, proposta polo Presidente no Pleno hai xa meses, foi ratificada por toda a Corporación e materializouse hoxe. Supón un paso máis na aposta de Gómez Besteiro por incrementar a transparencia na xestión e a calidade democrática, así como polo denominado “goberno aberto”, a nova liña estratéxica da Deputación xunto a economía verde e a innovación.
A información sobre o patrimonio de todos os Deputados provinciais está dispoñible para a cidadanía en dous soportes: na edición do vindeiro sábado do Boletín Oficial da Provincia (BOP) e desde hoxe na web da institución luguesa. No caso da páxina, non hai máis que entrar en www.deputacionlugo.org e seguir o seguinte itinerario: premer no link “Entra na Deputación” e logo “Corporación de Goberno” e “Patrimonio Deputados Provinciais”.
Os datos publicados son os seguintes: posesión de inmobles urbanos e rústicos; valores mobiliarios; participacións en capital social; depósitos, certificados e seguros de vida; mobles ou enxoval doméstico; vehículos ou embarcacións; e ingresos anuais pola súa actividade. Non obstante, Gómez Besteiro xa ten publicado dende hai anos o seu patrimonio na web do Concello de Lugo, www.concellodelugo.org como membro da Corporación municipal.
Presupostos participativos para o 2014
Outra mostra de goberno aberto anunciada hai escasas semanas polo Presidente é a elaboración para o 2014 dos Orzamentos participativos, é dicir, darlle voz ós veciños na confección dos presupostos da Deputación.
A Deputación de Lugo convértese deste xeito na primeira institución provincial de Galicia e a terceira de toda España en implantar este mecanismo de participación, co que forxa unha relación de dobre dirección con tódolos lucenses: por un lado, coñece de primeira man as súas necesidades e fainos partícipes da xestión provincial e, por outro, explícalles a función da institución e cómo se fiscalizan cada un dos euros públicos.
Así mesmo, nas vindeiras semanas, e avanzando de novo no goberno aberto, o Presidente porá en marcha novas medidas de transparencia en departamentos esenciais como son Contratación ou Intervención.
Como foi a apertura da Deputación
Abrir a todos os veciños da provincia a institución luguesa, modernizala, e ser eficaces e transparentes. Este foi o obxectivo que se marcou o Executivo provincial ó entrar na Deputación, e que xa quedou patente en tres aspectos:
– Fisicamente. Coa retirada das vallas que había fronte ó Pazo de San San Marcos; a apertura ó público dos xardíns traseiros, incorporándoos ó paseo interior da Muralla de Lugo; e o programa Km0, no que 40.000 persoas coñeceron in situ o Pazo provincial.
– Nas prioridades políticas. Saldando as débedas históricas da provincia que nunca foron escoitadas na Deputación: a posta en marcha dos parques de bombeiros, o pago do canon hidroeléctrico a ducias de concellos, a transferencia dos hospitais ó SERGAS ou a creación da UNED en Lugo.
– Na xestión diaria. A Deputación de Lugo está aberta as 24 horas, os 365 días do ano, tras implantarse a Administración Electrónica; comezou a dar cumprida conta no Pleno da situación económica financeira da Deputación cada tres meses, e colga esta información na web; informa cada tres meses do prazo no que paga ós provedores; Besteiro incorporou á oposición en tódalas mesas de contratación, etc.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



