A Mesa pola Normalización Lingüística reclama que se cumpra a lexislación vixente e que todos os organismos públicos deixen de excluír o galego nas sinalizacións. A entidade cidadá salienta que a recente sentenza -que non estabelece xurisprudencia- sobre sinalizacións do tráfico en Pontevedra non modifica en absoluto a lexislación vixente, a cal apunta que “o idioma propio tamén debe estar presente nas sinalizacións de competencia estatal (como a Axencia Tributaria ou a Dirección Xeral de Tráfico) e que pode utilizarse con normalidade nas sinalizacións de ámbito local (como o Concello da Coruña, que se nega a usalo) ou autonómico (como o SERGAS)”.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, considera que entra dentro “da ofensiva actual contra o noso idioma” que se queira presentar de novo o castelán “como un idioma discriminado na presenza pública, cando a verdade é que se hai unha lingua notoriamente discriminada é a propia do país”.
Así, o portavoz da maior asociación cultural galega non para de pór exemplos: “Solicitouse en reiteradas ocasións que as Autoestradas deixasen de excluír o galego e que corrixisen a toponimia deturpada e despois de moitos anos só conseguimos que estea en galego parte da información das portaxes e a toponimia maior, mentres en todo o resto da sinalización, moi maioritaria, se exclúe 100% a nosa lingua; non coñecemos ningunha delegación da Axencia Tributaria en ningún punto de Galiza que non exclúa o galego no conxunto das súas sinalizacións; no SERGAS só están en galego as indicacións fixas, mentres o resto das informacións -tamén moi maioritarias- non están no noso idioma en ningún dos seus moitos servizos; o Concello da Coruña funciona como se o galego non fose oficial, até o extremo de que os nomes das rúas son oficialmente no idioma propio e as placas que figuran no rueiro exclúen a lingua do país ou deturpan topónimos oficiais como Noia ou Arteixo, e así cun longuísimo, longuísimo etcétera.”
A Mesa pregúntase “até cando a lingua propia de Galiza vai ser tratada como se fose estranxeira na propia patria” e reclama que “se tomen todas as medidas para deter esta discriminación”. A respecto da sentenza de Pontevedra, a entidade considera “incongruente” que se pretenda aplicar unha lexislación sobre sinalizacións estatais (en concreto, a Dirección Xeral de Tráfico) a normas de ámbito municipal (o Concello de Pontevedra), xa que aí hai outro marco normativo diferente.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



