A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acusou ao goberno popular de enganar e mentir á cidadanía cando aseguraba por medio do seu presidente e a Consellaría de Sanidade en actos públicos e na sede do Parlamento Galego que a Mariña mantería a súa autonomía de xestión, lembraron que foron o Presidente Feijóo e a anterior Conselleira quen comprometeron a “total autonomía de xestión do xerente do Hospital da costa sobre “todos os recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos do Hospital da Costa e os centros de saúde da área” nun argumento que foi repetido ate a saciedade por alcaldes e dirixentes do Partido Popular que se demostra rotundamente falso con so revisar os orzamentos da Xunta de 2013 onde o Hospital da Costa recolle orzamento propio en gasto corrente e investimento real que desaparecerá no 2014 para quedar absorbido pola xerencia de atención integrada de Lugo, Monforte e A Mariña con dirección en Lugo, exactamente o mesmo que xa sucedeu coas áreas do Barco e O Salnés que pasaron a depender de Ourense e Pontevedra e xa sufriron as consecuencias con perdas de facultativos e servizos. Fan un chamamento a participar na concentración “abraza o teu hospital” mañá sábado ás 12:30 no Hospital da Costa”.
COA APROBACIÓN ONTE DO DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA A XUNTA CERTIFICA O ENGANO MASIVO DO GOBERNO GALEGO E OS DIRIXENTES E ALCALDES DO PP Á COMARCA DA MARIÑA.
A Plataforma valorou a aprobación onte polo Consello da Xunta do Decreto de Xestión Integrada para A Mariña, Monforte e Lugo como “a certificación do engano masivo ao que nos someteron durante os últimos dous anos tanto o goberno galego como os dirixentes e alcaldes do Partido Popular na comarca”. Cando fai dous anos o Presidente e a Conselleira de Sanidade comprometían “a total autonomía de xestión do xerente do Hospital da costa sobre “todos os recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos do Hospital da Costa e os centros de saúde da área” estaban mentindo como se demostra agora coa aprobación do decreto que transfire a un xerente provincia situado en Lugo toda a xestión sanitaria da provincia convertendo aos xerentes dos hospitais da Costa e Monforte en simples executores das ordes emanadas da nova xerencia provincial.
É absurdo e desesperante ver como os mesmos alcaldes e dirixentes populares encabezados polo Secretario Provincial do PP, Sr. Balseiro, continúan tratando de confundir coas mesmas mentiras despois de ver como a prometida autonomía quedou en papel mollado coa aprobación do decreto. En 2010 repartían un panfleto asegurando autonomía de xestión e mentiron, hoxe continúan na mesma liña.
OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE 2013 SON CLAROS EN CANTO Á PERDA DE AUTONOMÍA ORZAMENTARIA DAS ÁREAS QUE DESAPARECEN A FAVOR DA XERENCIA INTEGRADA.
Dende a Plataforma convidaron a calquera con interese que revisen os orzamentos da Xunta de 2013 para verificar os seus argumentos, nesa documentación aparecen claramente recollidas partidas económicas para gastos correntes e investimento real para o hospital da Costa que desaparecerán en 2014 para quedar integrados no orzamento da área de Xestión Integrada de Lugo, Monforte e A Mariña cun xerente provincial que dende Lugo decidirá sobre os recursos económicos, persoal, infraestruturas e prestación de servizos de toda a provincia como xa sucede coas áreas do Barco ou o Salnés por poñer dous exemplos que xa viron reducidos os seus servizos e facultativos tanto nos hospitais como nos centros de saúde asociados.
Na Mariña sucederá o mesmo que xa se está executando no Salnés ou no Barco, médicos especialistas van a pasar consulta “só para primeiras citas, no resto do tratamento os pacientes vense obrigados a desprazarse a Ourense para continuar cos seus tratamentos”, ese é o destino do hospital da Costa con este Decreto, “convertelo nun ambulatorio grande e baleiralo de servizos nunha folla de ruta que o PP galego segue ao ditado do modelo madrileño”.
Por último fan un chamamento a participar na concentración convocada para mañá sábado ás 12:30 no Hospital da Costa para demostrar que na Mariña non imos estar calad@s diante do desmantelamento dos servizos sanitarios públicos na comarca.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



