A voceira dos populares na Deputación, Elena Candia advirte que algunhas desas irregularidades xa están en mans da Fiscalía.
Hai indicios máis que suficientes para sospeitar que se están producindo posibles irregularidades en obras de Monterroso, Portomarín, Riotorto, Pastoriza e Sarria, que suman máis de 6.5 millóns de euros.
A Voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, deu conta esta mañá, en rolda de prensa, que iniciou, a raíz das presuntas irregularidades na obra de construcción dun polideportivo e piscina climatizada en Monterroso, un estudio detallado de varias obras provinciais levadas a cabo por orde e consentimento de Gómez Besteiro.
“Estamos a traballar na supervisión de todas as obras da Deputación de Lugo ante a posibilidade de existencia de outras presuntas irregularidades. Hai indicios máis que suficientes para sospeitar que se están producindo posibles irregularidades en obras que suman máis de 6.5 millóns de euros.
Afirmou Candia, que tralo estudo riguroso da información que temos no noso poder, “atopámonos con obras que se comprometeron e non se cumpriron; con atrasos no prazo de execución das obras; con reiterados proxectos de reforma de modificados do proxecto; coa aprobación de obras adicionais que, tras facerlles seguimento e ter rematado o prazo de execución, non se chegaron a acometer; con, incluso, rexedores socialistas que alertan de posibles irregularidades por pagos de certificacións sobre obras que non se acometeron e con informacións, que estamos estudiando, sobre o posible destino de fondo á conservación de estradas para proxectos de obra en época electorais, conlevando que a escaseza da partida destinada a mantemento e conservación”.
OBRAS QUE ESTÁN SENDO ANALIZADAS
MONTERROSO: POLIDEPORTIVO E PISCINA CLIMATIZADA
Esta obra adxudicouse en novembro de 2010, cun prazo de execución de seis meses e un importe que ascendía ao 1.200.000 euros. Pasou máis dun ano e aprobáronse, na Xunta de Goberno do 11 de xaneiro de 2012, unhas obras adicionais, cun prazo de execución de dous meses e un importe entorno aos 196.071,71 euros. En torno a esta obra tamén se aprobou un convenio de colaboración por un importe de 72.058,21 euros para a subministración e instalación dun sistema de captación solar térmico para a producción de auga quente sanitaria do vaso na piscina. Na xunta de goberno do 21 de decembro de 2012, informouse que a obra estaba paralizada e na xunta de goberno do pasado mes de febreiro, aprobouse o expediente de resolución do contrato por estar declarada a empresa en concurso de acreedores.
RIOTORTO: MARCO DE ALVARE-AS RODRIGAS, PK 0.000/5,800
As obras foron adxudicadas no ano 2007, mentres que en novembro de 2010 resólvese o contrato por iniciativa da empresa por demora no prazo para suscribir a preceptiva acta e ser suspendida a iniciación da obra por prazo superior a seis meses por parte da administración. A obra adxudicouse en febreiro de 2011 con outra empresa, cun prazo de execución de seis meses. En agosto de 2011 paralizáronse as obras, argumentando a Deputación que non dispoñía dos terreos e bens necesarios para desenvolver a obra. O 24 de agosto de 2011 aprobouse na Xunta de Goberno o proxecto de modificado de obra. Antes das eleccións autonómicas, reanudáronse as obras, volvéndose a paralizar pasados os comicios e tras a ampliación do prazo por solicitude da empresa, que se atopa en concurso de acreedores, este remata o 30 de abril deste ano.
PASTORIZA: CENTRO DEPORTIVO E PISCINA CLIMATIZADA
As obras foron adxudicadas en novembro de 2009 por un importe superior a 1.500.000 euros cun prazo de execución de nove meses. Tras desenvolver unha addenda ao convenio, un modificado das obras e a concesión dunha subvención excepcional para dotar de enerxía eléctrica a instalacións deportivas municipais da Pastoriza, as piscinas non están abertas ao público.
SARRIA: CONSTRUCCIÓN DA PISCINA CUBERTA
Malia que está a piques de rematar, presenta un importante atraso posto que o convenio aprobouse no ano 2010 e adxudicáronse as obras en marzo do 2011 cun prazo de execución de cinco meses e 26 días, sendo necesario levarse a cabo un proxecto de reformado das obras en decembro de 2011, que conlevou un incremento de máis de 300.000 euros respecto ao proxecto inicial. A priori anunciaron a bombo e platillo que a piscina sería climatizada, cando o proxecto non inclúe esta climatización e sendo necesario a maiores, outros 500.000 euros para a climatización.
PORTOMARÍAN: CP-4902 DO ALTO DO VALIÑO, POR VILAXUSTE A VALDEPORRÁS
Esta obra da CP 4902 do Alto do Valiño, por Vilaxuste a Valdeporrás, foi adjudicada en decembro de 2010 cun prazo de execución de seis meses e un importe de 571.500 euros. Nembargantes o 20 de xaneiro de 2012, apróbanse as obras adicionais cun prazo de execución dun mes, e por un total de 216.478,02 euros. O GPP preguntou no pleno de xaneiro de 2012 en qué consistían estas obras adicionais e cando estarían rematadas, sendo eludida a resposta. Pasou o prazo de execución e non apreciamos obras no lugar. Levouse a Fiscalía o expediente o 12 de xuño de 2012.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



