O MODELO DE XESTIÓN INTEGRADA PROVINCIAL XA SUPUXO PERDAS DE SERVIZOS NOS HOSPITAIS DO BARCO E O SALNÉS E A ACUÑACIÓN POLA CONSELLEIRA DUN NOVO TERMO DE “AMBULATORIZACIÓN” PARA XUSTIFICAR REDUCCIÓNS DE SERVIZOS.
A PLATAFORMA PIDE AOS REPRESENTATES DO PARTIDO POPULAR NA COMARCA QUE SE POÑAN AO SERVIZO DA COMARCA E DEIXEN DE UTILIZAR CON TANTA ALEGRÍA O ARGUMENTARIO QUE LLES MANDA O PARTIDO E O SERGAS.
A Mariña, 12 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña saíu ao paso das declaración emitidas por representantes do Partido Popular na comarca na que afirmaban que co Decreto de Xestión Integrada de ámbito provincial A Mariña sairía reforzada cando a realidade naquelas comarcas onde se aplicou o mesmo modelo esta indicando xustamente o contrario. Dende a plataforma poñen o exemplo do Barco de Valdeorras integrada e dirixida por Ourense que o mesmo día da presentación da nova xerente executiva a Conselleira tivo que xustificar a perda dun especialista de urxencias e un pediatra no Hospital do Barco e acuñou o novo termo de “ambulatorización” que agocha a perda de servizos. Na mesma liña, no Hospital do Salnés en Vilagarcía de Arousa que viu como a nova xerencia integrada dirixida dende Pontevedra ordenou o peche de servizos de neuropediatría obrigando a 200 pacientes ao seu traslado a Pontevedra e a ameaza de peche doutras sub-especialidades.
A PLATAFORMA PIDE AOS REPRESENTANTES DO PP NA COMARCA QUE APARQUEN O ARGUMENTARIO QUE LLES MANDA O PARTIDO E SE POÑAN AO SERVIZO DOS INTERESES DA COMARCA.
Dende a Plataforma pediron aos representantes do Partido Popular na Comarca Mariñá que se poñan ao servizo dos intereses da comarca e da súa veciñanza e menos a facer de correa de transmisión das instrucións do SERGAS xa que isto non é estar á altura das circunstancias, no Partido Popular mariñao neste momento sobra o argumentario partidista e falta coherencia na defensa dos intereses comarcais, “non é de recibo que estes representantes insistan sobre cuestións que a propia realidade desminte en aqueles territorios onde xa se aplicou o modelo de xestión integrada e perderon a súa capacidade de decisión”. Para a plataforma “aqueles que non saiban estar onde hoxe hai que estar deberán dar moitas explicacións cando chegue o momento de xustificar o que outr@s levamos moito tempo denunciando e o tempo vai dando a razón”.
Os alcaldes do PP e os seus responsábeis políticos na comarca seguen enganando á xente con novas promesas que so buscan confundir á cidadanía poñendo por diante os intereses partidistas e as súas propias cadeiras no canto que situarse onde está o sentir maioritario da comarca por contar cunha área de xestión integrada de carácter comarcal.
A REALIDADE CONTRASTA CO DISCURSO DOS REPRESENTANTES DO PP NA MARIÑA QUE CAE POLO SEU PROPIO PESO AO VER O QUE ESTÁ A SUCEDER NO SALNÉS E O BARCO
A plataforma puxo como exemplo as medidas tomadas nas áreas de xestión integrada de Pontevedra e Ourense onde foron integradas as áreas sanitarias do Salnés e O Barco que perderon a súa autonomía de xestión para ser dirixidas dende Pontevedra no caso do Salnés e dende Ourense no caso do Barco. Para a plataforma o discurso dos representantes do PP na comarca cae polo seu propio peso cando vemos a realidade xa que no caso do Salnés unha das primeiras medidas tomadas pola nova xerencia integrada provincial de Pontevedra supuxo o peche do servizo de neuropediatría do Hospital do Salnés en Vilagarcía que obrigou a 200 pacientes a trasladarse a Pontevedra e ameaza de peche doutras sub-especialidades.
No caso da área do Barco a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tivo que xustificar a perda dun médico de urxencias e outro de pediatría o mesmo día que presentaba á nova xerente executiva do Barco alegando perda de poboación e eses mesmo día diante das acusacións d@s profesionais deste hospital comarcal de baleirar a capacidade de ingresos no hospital do Barco acuñou o novo termo de “ambulatorización” como escusa desta redución.
A PLATAFORMA MARIÑÁ ESTARÁ PRESENTE NA MANIFESTACIÓN PREVISTA PARA O SÁBADO 16 EN MONFORTE
Dende a plataforma mariñá anunciaron que están presentes na manifestación convocada para o próximo sábado en Monforte cuxas demandas coinciden coas nosas e fixeron un chamamento a aquelas persoas interesadas en asistir que se poñan en contacto co tlf. 666711962, no facebook da plataforma plataformasanidade.amarina@facebook.com ou no correo electrónico plataformasanitaria@gmail.com Dende a Plataforma non desisten en levar o debate aos concellos da comarca e do conxunto da provincia mediante a presentación de mocións que serán rexistradas nos próximos días.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



