O Presidente da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña, Adolfo Corral, recorda que “dende a Cacerolada do sábado día 2 de marzo, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña en defensa do Hospital da Costa e dun Decreto de Xestión Integrado de Área para a nosa comarca, vemos diariamente, declaracións a través dos medios de comunicación , tanto do Presidente da Xunta, Núñez Feijóo como de Balseiro e Barcia, dicindo unha vez mais, que van a ampliar o Hospital da Costa”.
“Dirixentes do PP, ou ben non se decatan, ou ben, o son das cacerolas os deixou xordos e non nos oíron, ou ben están tratando de confundir e enganar a cidadanía da Mariña”, apuntan dende a xunta de persoal da Área Sanitaria da Mariña que insisten en que “queremos deixar ben claro que o motivo da Concentración-Cacerolada do sábado día 2 de marzo non foi a petición de ampliación do Hospital da Costa. Iso xa nolo prometeron tantas veces, que xa non o cremos, porque levan máis de catro anos dicindo o mesmo, pero o de agora, xa colma o vaso, agora din que van ampliar o Hospital con 50.000 euros e estas declaracións so podemos velas como un insulto á intelixencia. MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS. O que si nos cremos, son as declaracións que hoxe fai Núñez Feijóo de que van publicar un Decreto provincial que significa a morte do noso Hospital”.
O Órgano de máxima representación das traballadoras e traballadores da Sanidade da Mariña, adheriuse á convocatoria de SOS da Mariña, na defensa dunha autonomía e unha capacidade de xestión propia para a Sanidade da nosa Comarca, para que “sigamos recibindo orzamentos como viñamos recibindo ata o de agora e poidamos dese xeito, manter os servizos e as especialidades que dan vida a este Centro”.
O persoal da Área Sanitaria da Mariña increpa aos “señores dirixentes do PP, o que diciamos o sábado é que non queremos pasar a depender de Lugo, que non queremos perder especialidades, que non queremos que os e as mariñáns teñan que desprazarse 100 km para acudir ao médico especialista, que non queremos que nos pechen servizos como prematuros ou diálise, porque señores dirixentes do PP, estes servizos os pagan os e as mariñáns e, é por iso, que son deles, porque señores do PP, este hospital non é seu e non imos permitir que o desmantelen”.
Demandan unha Xerencia propia da Mariña e critican as declaracións do rexedor burelés
O xoves 28 de febreiro, “o Xerente do Hospital, José Insua, vinculado politicamente ao PP, defendeu unha Xerencia propia da Mariña que xestionase tanto o Hospital como os Centros de Saúde”, recorda Corral. Así, engade que “Insua explicaba que de non ser así, as decisións tomaríanse en Lugo, podendo desprazar aos profesionais, e os pacientes, terían que ir obrigatoriamente operarse a Lugo e –dixo- “quedarán marcados os que non defendan a área única da Mariña”.
“Esta Xunta de Persoal está de acordo coas declaracións feitas polo Xerente porque sabe ben do que fala, coñece perfectamente o Hospital e o significado de depender de Lugo; mentres que as declaracións do Señor Alcalde de Burela carecen de toda credibilidade, porque non sabe do que fala, e só repite o que lle mandan, sacrificando o futuro sanitario dos seus veciños e veciñas, para defender o único que lle importa, o seu posto político”.
Fai máis de 3 anos que esta Xunta de Persoal ven alertando de que isto ía suceder e explican que “a pretensión de goberno de Núñez Feijóo non era outra que a destrución do modelo sanitario que construímos na Mariña. Chamarannos alarmistas, incendiarios e incluso mentiráns, pero o tempo danos a razón e certifica que os únicos que mentían descaradamente, son eles, os dirixentes políticos do goberno do PP”. Por iso, esixen que “rectifiquen, porque a única declaración que queremos escoitar por parte de vostedes é que van publicar un Decreto de Área propio para a Mariña, do contrario, quedarán MARCADOS”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



