Foz, 4 de marzo de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, supervisou esta mañá as obras da primeira fase da construción de beirarrúas en Cangas, unha actuación na que a Xunta de Galicia inviste 250.000 euros e que estará rematada no vindeiro mes de abril. Así o anunciou Castiñeira despois de visitar a zona acompañado por representantes da asociación veciñal da parroquia e da empresa construtora.
O rexedor municipal amosouse “satisfeito polo ritmo que leva esta obra e pola calidade” e tamén comentou que os veciños están contentos porque esta actuación “foi moi solicitada dende hai máis de dez anos e agora a Xunta de Galicia fixo esta inversión nesta primeira fase e cumpre un fin para a seguridade, pois é unha estrada perigosa nun núcleo urbano como o de Cangas, que ten moito tráfico. As obras estanse levando moi ben, con moi boa coordinación tamén”.
Castiñeira engadiu que como consecuencia das obras vai haber algunhas retencións de tráfico nos vindeiros días na estrada LU-162, que comunica Ferreira do Valadouro con Cangas de Foz, pero “o máis importante é que esa primeira fase se acabará en tempo e forma e vai quedar axeitada. Pedíronse unhas melloras, que se van trasladar á dirección da obra”.
“Estamos moi contentos en xeral todos, os veciños tamén, e de noraboa vendo como unha obra tan solicitada dende hai dez anos se está levando a cabo”, comentou o alcalde, quen ademais anunciou: “vamos loitar para que a segunda fase tamén estea á vista” e agradeceu “o compromiso da Consellería de Medio Ambiente, pois o propio conselleiro, Agustín Hernández, o pasado sábado interesouse e tamén viu como van desenvolvéndose os traballos”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



